Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE “denuncia incrementos nas listas de espera, non só con respecto a hai un ano, senón a hai 3 meses”

Nota de Prensa

A EXECUTIVA PROVINCIAL DO PSDEG-PSOE DENUNCIA INCREMENTOS NAS LISTAS DE ESPERA, NON SÓ CON RESPECTO A HAI UN ANO, SENÓN A HAI 3 MESES

JOSÉ LUIS DÍAZ FALA DE PORCENTAXES MOI ELEVADOS NAS LISTAS DE ESPERA DE TODA A PROVINCIA. NO HOSPITAL DE BURELA ATA UN 69% EN CONSULTAS DE ESPECIALIDADE E UN 44% EN PROBAS DIAGNÓSTICAS. EN MONFORTE FALA DE ATA UN 171% NAS LISTAS DE CIRUXÍA XINECOLÓXICA E NUN 91% AS DE CONSULTA DE ESPECIALIDADE. DO COMPLEXO XERAL CALDE DI QUE HOUBO UN 90% DE AUMENTO NAS DE CIRUXÍA UROLÓXICA E UN 43% NAS CONSULTAS DE ESPECIALIDADE.

LUGO, 20 DE ABRIL. Dende a Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo din que o aumento das listas de espera sanitarias, con respecto a hai un ano, é unha das consecuencias dos recortes feitos polo goberno de Feijóo na sanidade pública. “O 38 millóns de euros menos no orzamento deste ano; a redución de camas hospitalarias; a eliminación das consultas do centro de Especialidades, da Praza do Ferrol; a supresión do servizo de lavandería do novo hospital e o cobro do parking do novo hospital da capital luguesa son outras das consecuencias da mala xestión desta área”, denuncian.

José  Luis Díaz explica que no Hospital de Burela, por exemplo, incrementáronse nun 12% as listas de espera de cirurxía xeral e dixestiva, oftalmoloxía, traumatoloxía e xinecoloxía. En consultas de especialidades a subida foi dun 69%, no conxunto, en cirurxía xeral e dixestiva, cardioloxía, alergoloxía, dermatoloxía, dixestivo, endocrinoloxía, hematoloxía clínica, nefroloxía, neumoloxía, obstetricia, oftalmoloxía, otorrinolaringoloxía, rehabilitación, reumatoloxía, traumatoloxía e uroloxía. En probas diagnósticas houbo un aumento do 44% en radioloxía convencional, radioloxía de mama, resonancia magnética, ecografía xinecolóxica, ecografía xenito-urinaria, ecografía vascular, endoscopia dixestiva, exploracións oftalmolóxicas e estudos cardiolóxicos.

Con respecto ao Hospital de Monforte o secretario da área de Sanidade destaca o crecemento das listas de espera cirúrxicas de traumatoloxía nun 25% e de xinecoloxía un 171%. Medraron, tamén, segundo engade Díaz, ata nun 91%, no seu conxunto, as listas de espera de consultas de especialidades de cardioloxía, cirurxía xeral e dixestiva, dermatoloxía, dixestivo, hematoloxía clínica, medicina interna, neumoloxía, neuroloxía, obstetricia, otorrinolaringoloxía, rehabilitación e reumatoloxía. En probas diagnósticas a cifra acada o 48% no en radioloxía convencional, TAC, resonancia magnética, ecografía xenito-urinaria, ecografía de mama, endoscopia dixestiva, ecografía músculo-esquelética e ecografía vascular.

Por último, o socialista detalla que no complexo Hospitalario Xeral-Calde, tomando como referencia o 2009, houbo un incremento dun 37% nas listas de cirurxía xeral e dixestiva, un 90% nas de uroloxía. E con respecto a hai tres meses disparáronse as cifras das listas de cirurxía vascular, cirurxía xeral, oftalmoloxía e uroloxía. Así mesmo, fala de que experimentaron aumentos as listas de espera de consultas de especialidades. En concreto, e nun 43%, no seu conxunto dende hai un ano: anxiloxía e cirurxía vascular, cardioloxía, cirurxía plástica e reparadora, dermatoloxía, endocrinoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, traumatoloxía, uroloxía e xeriatría. En probas diagnósticas subiron, nun 38%, en radioloxía convencional, ecografía abdominal, ecografía xenito-urinaria, ecografía músculo esquelética, ecografía obstétrica, ecografía tiroidea, ecografía vascular e ecocardiografía.

Exit mobile version