Nota de Prensa
REGO DEMANDA DO CONSELLEIRO DE INFRAESTRUCTURAS INFORMACIÓN SOBRE AS RAZÓNS POLAS QUE A XUNTA VAI INVESTIR EN TORNO A 1.000 MILLONS DAS ANTIGAS PESETAS NO CONCELLO DE BARREIROS, ANTES DA DESFEITA URBANÍSTICA DESTE CONCELLO
-O deputado socialista afirmou que os galegos e as galegas teñen a dereito a saber quen levou e donde están os recursos que agora teñen que repoñer cos seus impostos
Santiago , 9 de abril de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego rexistrou no Parlamento unha iniciativa reclamando información sobre o investimento da Xunta en Barreiros.
O deputado socialista demanda do Conselleiro de Infraestructuras información sobre as razóns polas que a Xunta vai investir, en torno a 1.000 millóns das antigas pesetas no Concello de Barreiros, antes da desfeita urbanística deste concello.
Rego afirmou que os galegos e as galegas teñen a dereito a saber quen levou e donde están os recursos que agora teñen que repoñer cos seus impostos.