Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP xustifica o atraso no pago aos comedores dos colexios con que o ano pasado pagáronse o mesmo día

Nota de Prensa

O PP DE LUGO AFIRMA QUE OS RESPONSABLES POLÍTICOS DO BIPARTITO ESQUECEN QUE O ANO PASADO OS COMEDORES PAGÁRONSE O MESMO DÍA QUE NESTE EXERCICIO

O goberno do PP pagou 4 M€ en facturas de comedores, agochadas nun caixón polo bipartito.

Lugo, a 19 de abril de 2010.- Segundo o PP de Lugo na pasada semana, os responsables políticos do PSG e máis do BNG volveron a terxiversar a realidade para axitar aos cidadáns recurrindo á mentira. Sen embargo, a realidade está por encima das mentiras e dos maquiavélicos argumentos do tándem PSG-BNG.
Porque a realidade á que estamos asistindo é que a Consellería de Educación do Goberno Popular deu a orde de pago para os case 300 comedores de centros públicos que xestiona o mesmo día que no exercicio anterior. Os antigos responsables do goberno galego, nada máis ser relevados polo poder dos lugueses que acudiron a votar hai un ano (fartos de mentiras), esqueceron a realidade: durante a súa etapa o bipartito pagou os comedores ata dous días máis tarde que o actual goberno.
O PSG e do BNG están a actuar cunha manifesta irresponsabilidade ao pretender axitar á sociedade a conta dun trámite no que o Executivo de Feijoo, pese ao estrangulamento económico co que o goberno Zapatero somete a Galicia, cumpríu temporalmente coma hai un ano. A maiores, a Consellería de Educación deu instruccións para que, dende as xefaturas territoriais, se paguen os dous trimestres escolares deste ano, pola contra do bipartito que, a estas alturas só pagara un.
Temos que sinalar asimesmo que o abono das bolsas de comedores nestas datas é o resultado da conclusión dos trámites iniciados o pasado 22 de febreiro e nada teñen que ver nin con supostas presións nin co emprego de nenos en fotos propagandísticas. Estamos a asistir con certo estupor á degradación das políticas de oposición do PSG e BNG que utilizan demagóxicamente a imaxe de nenos comendo bocadillos co único fin de politizar o ensino.
Fronte a esta manipulación dun bipartito que aínda non escoitou aos cidadáns que lles berraron que non querían máis mentiras, o goberno de Feijoo sacou dos caixóns do bipartito facturas sen abonar de comedores escolares por valor de catro millóns de euros, pagounas e comprometeuse a incrementar o número de prazas de comedores, no presente curso escolar, en máis de 2.500.
En definitiva, o actual Goberno chegou á Xunta, pagou o que debía e incrementou en 2.500 as prazas de comedores escolares.

Exit mobile version