Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere que o Concello de Burela aporte 12 mil euros á Fundación Expomar

NOTA DE PRENSA

O GMPP presentou unha moción pedindo que o concello aporte doce mil euros á Fundación EXPOMAR.

Aseguran que poden sacarse do  capítulo de Gastos Diversos.

Os populares din que o concello como patrono fundador debe dar exemplo e garantir o funcionamento da Fundación.

O GMPP de Burela presentou en días pasados unha moción no concello solicitando que se faiga unha modificación nos presupostos municipais de 2010 para consignar debidamente os cartos que o concello pode e debe aportar á Fundación EXPOMAR.

O GMPP manifesta na moción que a contía a aportar polo concello debe ser, como mínimo, de doce mil euros no presente ano.

Os populares entenden que eses fondos deben sacarse do capítulo de Gastos Diversos, especialmente dos da concelleira do Mar e dos do concelleiro de Turismo. Con todo, o PP lembra que o capítulo de gastos diversos para o presente ano 2010 conta de entrada con cento cincuenta mil euros, co que non debería haber problema para que o concello aporte fondos á Fundación EXPOMAR.

O GMPP lembra que o Concello é  o patrono que impulsou a creación da Fundación, polo que tamén debe dar exemplo. Non é de recibo que o concello non poña nin un só euro. Por eso a Fundación EXPOMAR tén os problemas econômicos que tén.

Polo mesmo, tampouco é precisamente exemplarizante que se ande pedindo as administracións, e que o concello escurra o bulto. Efectivamente que hai que pedirlle ás administracións, e hai que xestionar todo o que se poida e máis, pero pouco caso nos poden facer se saben que o concello non aporta nada.

Por eso, e para garantir o funcionamento da Fundación, o Concello debe adoptar as medidas pertinentes, que pasan pola aportación econômica do concello.

Finalmente, os populares entenden que así  é como hai que  defender ó sector náutico-pesqueiro, e desde logo o bipartito burelés non pode presumir de ter feito moito por ese camiño.

Exit mobile version