Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere cambios no Pacto polo Emprego da Mariña e pide que o Concello de Burela aporte fondos para Expomar

Nota de Prensa

O GMPP presenta unha moción pedindo a redefinir o Pacto polo Emprego da Mariña.

Os populares tamén solicitan aportación de fondos municipais para a Fundación EXPOMAR.

Consideran que o pleno do xoves volve a ser “outro pleno perdido”.

Din que o alcalde e o bipartito “gastan, pero non pagan”.

O GMPP de Burela afirmou hoxe que “un pleno máis, o pleno que se vai celebrar o vindeiro xoves é un pleno perdido, porque o alcalde e o bipartito seguen sen presentar ningún proxecto que xenere ilusión ou mesmo debate entre a cidadanía”.

Para os populares, “que Burela suscriba a carta verde do deporte non nos vai reportar ningún beneficio, porque a Axenda 21 local está parada desde hai dous anos”. “E a lei obriga a dar conta da liquidación do presuposto do anos pasado e do Plano Concertado de Servicios Sociais, ámbolos dous asuntos que se fan ano tras ano”. E eses son os asuntos que van a pleno, xunto coa emisora municipal.

Polo tanto, aseguran os populares, “un pleno máis será o grupo municipal do PP o que presente temas que sí teñen importancia e que afectan ós cidadáns: a construcción do gasoducto da Mariña para que o gas natural chegue a empresas e particulares, e que debería estar adxudicado polo goberno Zapatero en 2008, e a redefinición do Pacto Territorial polo Emprego, xa que a cidadanía quere que aqueles instrumentos que se creen para loitar contra o paro o faigan de verdade, proporcionando alternativas a traballadores e posibles empresarios, para atopar emprego os primeiros, e a xenerar postos de traballo e riqueza os segundos, máis ainda coa situación de crise económica que estamos a vivir, e sobre de todo porque o presidente do indicado Pacto é o Alcalde, e hasta agora o pacto sólo serviu para xenerar cinco postos de traballo que o único que se sabe que fan é facer estadísticas”.

Ademais, indica o GMPP, “resulta insultante que o concello se vaia gastar cincuenta mil euros este ano nunha emisora municipal e que non aporte nada para a Fundación EXPOMAR”. Os populares aseguran que a aportación anual mentres gobernou o PP era de doce mil euros, “e hai que rescatala, porque o concello tén que dar exemplo ós outros membros da Fundación”.

Por último, pídenlle ó bipartito “que non fale das contas de hai catro anos, xa que eso é pasado; xa houbo  no seu día un pleno para falar delas, xa houbo eleccións municipais hai tres anos  e agora toca falar das contas do bipartito, que son os que teñen a responsabilidade de gobernar”. Os populares indican que o alcalde e o bipartito limítanse a prometer, gastar, e non pagar. E como mostra, un exemplo: en 2009 doblaran o capítulo inicial de gasto diverso , xa que arrancaron con 336.000’00€, gastaron practicamente seiscentos mil pero ainda se deben trescentos mil euros. De esto é do que hai que falar, do presente, e non do pasado.

Exit mobile version