Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP preocupado porque a Deputación valida facturas por importe de “corenta millóns de pesetas”

Nota de Prensa

O GPPP: “Besteiro segue gastando alegremente cartos de todos os cidadáns da provincia”.

. Os populares denuncian que de novo se validan facturas por importe de corenta millóns de pesetas.

. Consideran que esto demostra a ausencia de rigor e control político do gasto.

Lugo, a 21 de abril de 2010.- O GPPP denunciou hoxe que o presidente da Deputación, o socialista Gómez Besteiro, “segue gastando alegremente os cartos de todos os cidadáns da provincia, sen ningún tipo de rigor e control político, como o demostra que recentemente, e con datas 29 e 30 de Marzo do presente ano, asinase dous decretos de validación de facturas por un importe o primeiro de 51.816’68€, e o segundo cun importe de 186.324’87€ , o que fai un total de 238.141’55€.

Estas facturas tiñan informe desfavorable do Departamento de Intervención, dado que ou ben non había consignación nos presupostos para as mesmas, ou ben houbo algunha irregularidade na súa tramitación.

O PP non entra a valorar a necesidade dos servicios e actividades que se contemplan nas facturas, pero o que sí é certo é que demostra unha ausencia absoluta de previsión. “Con tantos membros do bipartito cobrando dedicacións exclusivas, resulta sorprendente que se chegue a estas situacións, o que non demostra máis ca unha vagancia  e ausencia de seriedade política superlativas”.

Esto está corroborado pola data das facturas, xa que do total indicado só catro facturas con un total de 35.427’17€ son do exercicio do ano 2009. Todas as demais, cun total de 202.714’38€, son facturas correspondentes ó presente exercicio presupostario de 2010. E esto acontece cando os presupostos da Deputación foron aprobados fai escasamente catro meses.

Os populares aseguran que esta foi unha constante nos prácticamente tres anos que o bipartito provincial detenta o “desgoberno” da Deputación. Ademais do despilfarro, a política de anuncio e propaganda son os tres eixes que definen as actuacións de PSOE e BNG á fronte do ente provincial.

Exit mobile version