Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide no Parlamento oficializar o Camiño do Mar como ruta xacobea

NOTA DE PRENSA:
A Comisión de Educación e Cultura tratará a Proposición non de Lei dos deputados José Manuel Balseiro e Emma Álvarez Chao de impulso para que a Xunta de Galicia desenvolva os trámites e xestións oportunas que permitan obter este recoñecemento

O PARLAMENTO DEBATE MAÑÁ A INICIATIVA DO PPDEG PARA PROMOVER A OFICIALIZACIÓN DO CAMIÑO DO MAR COMO RUTA DE PEREGRINACIÓN XACOBEA

* Os populares tamén piden que se inicien os traballos para a divulgación e promoción deste percorrido que empeza en Ribadeo, e continúa polos concellos de Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ortigueira, Cedeira e chega ata Neda, no que se funde coa ruta oficial do Camiño Inglés chegando ata Santiago

* Distintos estudios históricos avalan que este viario cumpre cos requisitos para a súa oficialización: existe un itinerario de peregrinación histórico, dispón dunha rede asistencial na que os camiñantes obtiñan comida e cama e hai constancia demostrada de presenza continuada de peregrinos

Santiago, 7 de abril de 2010.- O Parlamento de Galicia debaterá mañá, na Comisión de Educación e Cultura que se celebrará pola tarde, a iniciativa dos deputados do PPdeG Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao na que instan á Xunta de Galicia ao recoñecemento oficial do Camiño do Mar como ruta de peregrinación xacobea. Na Proposición non de Lei os deputados populares, además da súa oficialización, demandan do novo Executivo autonómico que se inicien os traballos para a divulgación e promoción deste percorrido.

O Grupo Popular apoia, en consecuencia, a posta en valor dun itinerario avalado por distintas investigacións históricas e que percorre gran parte dos concellos do litoral da Mariña lucense. O trazado deste vieiro empeza en Ribadeo, continúa polos concellos de Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón e chega ata Neda, no que se funde co trazado oficial do Camiño Inglés chegando a Santiago.

Os deputados populares explicaron , no momento da presentación desta iniciativa, que para que un camiño deixe de ser unha simple vía de comunicación e se converta nunha ruta xacobea oficial deben cumprirse tres requisitos indispensables: demostrar a existencia dun camiño histórico sobre o que poder trazar, posteriormente, o itinerario da vía de peregrinación, corroborar a existencia dunha rede asistencial na que os peregrinos podan acollerse e atopar comida e cama e, finalmente demostrar a presenza continuada de peregrinos entorno a el e nun espazo temporal continuado.

CUMPREN TODOS OS REQUISITOS

Segundo os deputados populares todas estas condicións se estarían a cumprir no caso do Camiño de Mar, pois existe documentación histórica máis que suficiente para dar testemuña da existencia deste vieiro (constancia documental nos arquivos catedralicio e diocesano de Mondoñedo, no Histórico Nacional e en diversos arquivos municipais e parroquiais, incluído títulos de propiedade de distintos predios). Tamén existiría unha ampla rede asistencia composta por cinco hospitais: San Sebastián en Ribadeo, San Sebastián en San Martiño de Mondoñedo, San Andrés na parroquia de Lieiro, Santa Ana en Santiago de Celeiro, Santiago na parroquia de Santiago de Viveiro. E finalmente, hai constancia tamén da presenza continua de peregrinos que empregaban esta ruta costeira, nos rexistros de decesos de moitas parroquias.

Como conclusión, indicaron os deputados do PPdeG, é imposible é imposible negar a existencia dun camiño físico entre Ribadeo e Viveiro, entorno ao cal existe unha rede hospitalaria empregada por peregrinos e, polo tanto, cómpre dotalo do recoñecemento oficial que corresponda.

Exit mobile version