Nota de Prensa
O PP consideran un insulto que Besteio vaia a Foz a anunciar unha obra que tiña que estar feita hai tres anos
* Os populares aseguran que o investimento do plan-express do presidente da Deputación para a Mariña so supón o doce por cento do total
González Barcia, considera que “tal afirmación susténtase no planexpress elaborado por Besteiro de cara ás eleccións: só dúas obras na Mariña, de vinte actuacións previstas: unha un tramo de medio quilómetro da estrada Reiriz-Espiñeira en Foz, dende o P.K. 0’400 ó P.K. 0’900, cun presuposto de 400.000 euros, e outra a estrada Marco de Alvare-As Ródrigas, no concello de Riotorto, dende o P.K. 0’000 ó P.K. 5’800, que conta con un 1.033.000 euros. Polo tanto, o investimento total na comarca ascende a 1,4 millóns de euros, o que representa un doce por cento da partida total”.
O vocerio dos populares na Deputación recalcou tamén que “as dúas obras veñen da etapa do PP na Deputación. Concretamente, da primeira delas hai constancia na Xunta de Goberno de 16/02/2007, e da segunda na Xunta de Goberno de 16/03/2007. A partires de aí, nada, ata este momento. Ou sexa, tres anos de retraso na tramitación destas actuacións, que foron ademais solicitadas polos veciños”.
Barcia tamén suliñou que algunhas obras que están “pregonando” dende a administración provincial, como é o caso da reparación dun pavillón en Ribadeo, non aparecen recollidas nos ornamentos deste ano.
Pola súa banda, os representantes do PP de Foz lamentaron que Besteiro “veña hoxe a Foz a anunciar unha obra que no seu momento promoveu o PP local ante a Deputación. Besteiro chega tres anos tarde a Foz, e eso pouco menos que é un insulto ós cidadáns. Ademais, vir ó concello de Foz a inaugurar ou visitar obras de pouco máis de dous millóns de pesetas correspondentes o plan de colaboración veciñal é un espectáculo lamentable que deixa ben ás claras que o que vén a facer aquí non é máis que pasear”.
Igualmente, criticaron a deixadez do alcalde. “Rivera debería plantexar proxectos serios e coherentes ante a Deputación, pero na vez deso, adícase, ademais de ir de palmeiro de Besteiro, adícase a tentar resolver os problemas internos do seu partido, o que está a afectar moi negativamente ó funcinamento do concello”.