NOTA DE PRENSA:
O GPPP di que gran parte das obras que anuncia Besteiro deberían estar xa rematadas.
* Os populares afirman que no novo plano máis da metade das investimentos datan da etapa do PP.
* Consideran que “a política de anuncios é unha bulra á intelixencia dos lucenses”
Lugo, a 24 de abril de 2010.- GPPP afirmou hoxe que Gómez Besteiro anuncia obras que xa deberían estar feitas, dado que algunha quedaron adxudicadas no seu día polo anterior equipo de Goberno do PP.
Os populares afirman que no novo plano extraordinario de doce millóns de euros para estradas, algunhas obras xa se tramitaron durante a etapa anterior, e son as seguintes:
CONCELLO | OBRA | IMPORTE | TRATADA EN XUNTA DE GOBERNO PROVINCIAL DE |
O CORGO | Saneamento e depuración Arxemil | 243.000’00€ | 22/06/2007 |
FOZ | REIRIZ A ESPIÑEIRA PK 0’4 Ó PK 0’9 | 500.000’00€ | 16/02/07 |
LÁNCARA | LU 2703 DE POBRA DE SAN XIAO A CARRACEDO | 300.000’00€ | PROXECTO ELABORADO EN ETAPA PP |
LUGO | TERMINACIÓN DO PLAN PARADAY | 1.300.000’00€ | 18/05/2007 |
LUGO | EXPROPIACIÓNS CAMPUS E OUTRAS | 1.300.000’00E | 18/05/07 |
A PASTORIZA | ESTRADA MONCELOS-CARRIZAL, PK 2’6 Ó PK 3’81 | 745.000’00€ | 16/02/07 E 04/05/07 |
PORTOMARÍN | ESTRADA ALTO VALIÑO-VALDEPORRÁS, PK 4’2 Ó PK 7’5 | 600.000’00€ | PROXECTO ENCARGADO NA ETAPA ANTERIOR |
RIOTORTO | MARCO DE ÁLVARE-AS RODRIGAS PK 0’0 Ó PK 5’8 | 1.033.000’00 | 16/03/2007 E 17/04/2007 |
Os populares indican que o total desas obras é de 5.921.000’00€, prácticamente a metade do destinado no novo plan. Pero ademais destacan que algunha desas obras xa estaba adxudicada, como por exemplo a obra no concello de A Pastoriza.
Facendo un percorrido polos concellos “beneficiados” por este plano, dos dezanove concellos nos que se van acometer actuacións en estradas, catorce teñen o mesmo color político có bipartito. O conxunto das obras que se acometerán en concellos con alcaldes do PP ascende a 2.114.341’00€, escasamente o dezasete por cento do total do investimento. O que define perfectamente o carácter partidista deste plano.
No que se refire ós convenios a asinar con concellos, resulta sorprendente que na memoria de Besteiro non se inclúan as actuacións a levar a cabo e en que concellos, e que só indique a cantidade total que se vai investir, co que estamos ante un uso totalmente clientelar e caciquil dos fondos que a el se destinen. Ademais, demostra a improvisación coa que se acomete este plan.
Por certo, nin nos presupostos de 2009 nin nos de 2010 aparece partida algunha para o polideportivo de Ribadeo nin para o campo de fútbol de Vilalba. Ademáis, desde o GPPP reiteran que a Deputación baixa o investimento no mantemento da rede viaria provincial en oitocentos cincuenta mil euros.
Polo que se refire ás actuacións en marcha, tamén é chocante que Besteiro se apropie da Escola de Enxeñaría Civil, cun importe de catro millóns de euros. Só hai que ver a acta da Xunta de Goberno da Deputación de 22de Xuño de 2007 para ver que esta obra é impulsada e arrancan os trámites co anterior equipo de goberno. E unha vez máis, se volven a anunciar as subvencións, as obras de POS, as do Canon, etc.
Polo tanto, desde o GPPP queremos manifestar que, ainda que entendemos que calquera actuación que serva para dinamizar a provincia e manter emprego é boa, estamos, neste caso, ante unha burla á intelixencia dos lucenses. E eso é así porque moitas das obras que agora se citan xa poideron estar totalmente rematadas nestes tres anos, xa que foron absolutamente paralizadas coa chegada do bipartito á Deputación. Eso demostra que as denuncias que o GPPP veu facendo de forma reiterada nestes tres anos son certas, e que estamos ante unha mostra da improvisación, da nula dedicación ó traballo e do uso partidista e clientelar que fai Besteiro cos cartos de todos os cidadáns da provincia.