NOTA DE PRENSA:
O GMPP burelés pídelle por escrito ó alcalde que pague “xa” as axudas dos corenta euros.
Consideran que o alcalde está sendo responsable de que máis de novecentos peticionarios non teñan cobrado as axudas.
“Esto só acontece cos bipartitos, porque entre eles non se falan”.
O GMPP de Burela vén de presentar no día de hoxe un escrito no rexistro do concello, dirixido ó alcalde, solicitando que se abonen “xa, de unha vez por todas”, as axudas dos corenta euros para o presente curso escolar que Nieves Cando anunciou a principio de setembro de 2009, é decir, hai oito meses, e que ainda non se fixeron efectivas.
Os populares consideran que esto é “unha tomadura de pelo, porque non se debería anunciar algo que logo non se cumple, ou se cumple de forma máis que tardía. Cando menos, deberíase dar algún tipo de explicación ó respecto, porque as familias que teñen dereito ás axudas xa se cren que non cobrarán, e eso é debido ó silencio do bipartito, que non se atreve a dar a cara”.
O GMPP considera que o alcalde tén moita responsabilidade neste asunto. Mesmo podemos decir que é o máximo responsable, por varias cuestións. Unha, por permitir un anuncio que non tiña sustento de cartos, porque non había partida presupostaria para eso. Segunda cuestión, é responsable por asinar a modificación de créditos a finais de ano, e consentir cando menos unha irregularidade administrativa. E terceira cuestión, o alcalde é quen tén que asinar os mandamentos de pago, e xa vai sendo hora de que asine o correspondente a estas axudas de corenta euros.
Os populares afirman que “estas cousas son as que pasan cos bipartitos: como non falan entre si e son compatimentos estancos, como pasaba coa Xunta bipartita, non son capaces de axilizar as cousas, de xeito que non van nin para adiante nin para atráis. Así, hai máis de novecentas familias nesta situación tan anormal, dado que non é de recibo que oito meses depois de ter feito o anuncio do que é a medida estrela do bipartito ainda non se abonase nin unha soa axuda”.