Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela consideran que o Pacto Territorial polo Emprego da Mariña usouse para pagar favores políticos

Nota de Prensa

O GMPP burelés culpa ó alcalde da ineficacia do Pacto Territorial polo Emprego da Mariña.

Lembran que Llano é o presidente do Pacto.

Os populares consideran que se usou para pagar favores políticos.

O GMPP de Burela culpou hoxe ó alcalde de Burela da ineficacia do Pacto Territorial polo Emprego, dado que Llano tamén é o presidente do indicado Pacto. Os populares consideran que “o Pacto polo Emprego mariñano foi usado unicamente para pagar favores políticos, como o demostra que unha concelleira socialista de Burela accedese a un posto de traballo do Pacto polo Emprego a través dun tribunal de selección presidido polo propio alcalde burelés”. Xesto que demostra ás claras cal é o xeito dos socialistas de crear emprego.

O GMPP burelés considera que “o presidente do Pacto e alcalde de Burela debe dar explicacións públicas da ineficacia do Pacto”, porque resulta difícil de entender que non se crease nin un só posto de traballo agás os cinco técnicos que traballan no pacto, tal e como se constatou esta semana no Parlamento Galego. “O alcalde burelés xa non se contenta con demostrar a súa incompetencia política no concello, senon que tamén usa os medios de todos os galegos para a xeneración de emprego para demostrar tamén a súa incapacidade nese ámbito; non se trata de que precisamente el vaia xenerar emprego, senón de promover a xeneración de ideas, proxectos, etc.; e decimos ‘promover’. Pois nin eso”. Para os populares, “Llano debería deixar a presidencia do Pacto, xa”, por mera decencia política, vista a nulidade dos resultados acadados polo Pacto, e que se limitan a proporcionar, xustamente desde hai uns meses, e a principio de mes, sobre o número de parados na comarca.

Os populares tamén indican que as últimas declaracións de Llano sobre a apertura de comercios en Burela quedan descalificadas por si solas. Unha persoa que preside un organismo que non xenerou ningún posto de traballo nin promoveu nin un só proxecto empresarial, non pode vir presumindo de nada, e menos de que se abren negocios. En todo caso, o mérito é dos autónomos que teñen vocación empresarial e que van ver como o goberno Zapatero lles sube o IVE a partires de Xullo ou como teñen que pagar o indicado imposto das facturas emitidas ainda que non cobradas.

Exit mobile version