Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela considera que as xornadas de EXPOMAR son un referente para o sector

NOTA DE PRENSA:
O portavoz do PP anuncia que a Xunta aporta seis mil euros para as Xornadas de EXPOMAR.

González Barcia considera que “non hai xestión desde a presidencia de EXPOMAR”.

Asegura que as xornadas son un referente para o sector “desde sempre”.

O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, anunciou hoxe que a Consellería do Mar aportará seis mil euros para a celebración das Xornadas Técnicas e Profesionais do sector náutico-pesqueiro que organiza a Fundación EXPOMAR, e que este ano se celebrarán no mes de Maio.

González Barcia fixo este anuncio logo de falar cos máximos responsables da Consellería e coa Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, e “ante a falla de xestión demostrada pola presidencia da Fundación, que recae no propio alcalde de Burela”. Barcia indicou que “o PP sempre se preocupou pola celebración de este evento, evento que, desde sempre, marca e fixa moitas das liñas a seguir en materia pesqueira e que son sen dúbida un referente do sector en materia de debate e plantexamento de propostas”. O portavoz do PP manifestou tamén que “nós, o PP, sempre apostamos por EXPOMAR e pola súa actividade, algo evidente ó longo dos anos, e vista a ausencia de xestión política, non ía ser menos neste caso; deste xeito, con esta axuda, a aportación das organizacións do propio sector, Confraría e ABSA, deberían ser mínimas para evitarlles cargar con custos económicos tendo en conta a actual situación de crise económica”.

Finalmente, González Barcia indicou que “co goberno municipal do PP, nunca houbo ningún problema de financiación, nin coa Xunta do PP nin coa bipartita, porque había traballo e xestión. Agardamos que as cousas se reconduzan para que a Fundación EXPOMAR teña continuidade real e con garantías económicas”.

Exit mobile version