Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela celebra unha asemblea para tratar asuntos internos do partido

NOTA DE PRENSA:
O PP “engrasa” a maquinaria de cara ás eleccións municipais.

Mañán creará dous grupos de traballo destinados a preparar a actividade do partido hasta as eleccións.

Os afiliados celebran unha asamblea para tratar tamén asuntos da vida interna do partido.

O PP de Burela celebra mañán, xoves, ás oito da tarde, e na antiga biblioteca de Burela, unha asamblea de afiliados e simpatizantes, para tratar asuntos de importancia da vida interna do partido de cara ás próximas eleccións municipais que se celebrán en Maio de 2011 e comenzar a “engrasar” a maquinaria electoral.

Nesta asamblea, o PP comenzará a organizarse a nivel interno, coa creación de dous grupos de traballo, un deles para facer desde xa unha recolleita de información de cara á elaboración de propostas electorais, e o outro para preparar as liñas políticas básicas de actuación tanto a nivel interno coma externo a partires de agora e hasta a campaña electoral. Este grupo traballará fundamentalmente na organización e celebración de reunións con colectivos e con veciños.

Ainda que o PP fai este traballo habitualmente, tanto con veciños e asociacions como a nivel interno, de cara ás eleccións preténdese non deixar nada á improvisación, e de ahí a constitución formal destes grupos. Compre lembrar que antes do Nadal se celebraron diversas reunións por barrios e con colectivos, e que a agrupación do PP burelés e unha das que máis reunións celebra con afiliados e simpatizantes.

Ademais, informarase acerca da creación e funcionamento de Novas Xeneracións e tamén sobre o traballo desenvolvido polo Comité Local do partido e polo Grupo Municipal.

Tamén se fará unha análise da situación política do concello, que para os populares está a atravesar por un dos seus peores momentos, á vista da ausencia absoluta de proxectos encamiñados a millorar a calidade de vida dos bureleses.

Exit mobile version