Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Buerela di que algunha partida dos presupostos está a piques de esgotarse

Nota de Prensa

O GMPP de Burela denuncia que algunha partida dos presupostos do presente ano está xa a piques de agotarse .

Aseguran que así consta en determinados decretos de aprobación de facturas do presente ano.

Os populares reiteran o absoluto descontrol político no gasto por parte do alcalde.

O GMPP de Burela denunciou hoxe que determinadas partidas de gasto do presente ano están a piques de agotarse, e ainda non levamos nin medio ano andado.

Os populares aseguran que así consta en determinada documentación que se inclúe no pleno de hoxe.

Así, citan o decreto  nº 219 de 8 de abril, onde se di textualmente que “á vista de que determinadas facturas, unha vez aprobado o presente decreto, quedan casi sin consignación”. Nese mesmo decreto faise consta que “non hai propostas de gasto”, e que se están fraccionando pagos de contías superiores a 18.000’00€, que deberían ser obxecto de contratación con procedemento negociado no que concurran alomenos tres empresas.

Esta práctica irregular é habitual no bipartito burelés co consentimento do alcalde, e así se está  dando a situación de que determinadas partidas, de Cultura, Deportes e Turismo, estean xa a piques de ver como o seu saldo entra en números bermellos.

Os populares reafírmanse nas críticas dos últimos días, e pídenlle ó  alcalde que exerza como tal: un alcalde non pode mirar para outro lado, e debe poñer orden inmediatamente entre os concellais que o apoian. Outra cousa e se se atreve e lle deixan, visto o que está a pasar, que non é nada máis que comprobar como determinados concelleiros teñen patente de corso para facer o que lles pete.

Exit mobile version