Site icon Crónica3.com A Mariña

Luns remata o prazo de inscripción para a “I Escola de formación feminista Corona González”

A MARIÑA .- O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza a I Escola de Formación Feminista Corona González, unha cita diferente que servirá para que todas as persoas que o desexen aproveiten a fin de semana para formarse en cuestións de xénero e igualdade ao tempo que se relaxan e desfrutan dos beneficios das augas termais.

Dende o Observatorio optouse por darlle o nome de Corona González á Escola de Formación Feminista por existir un vínculo importante entre Corona González e Ribadeo e, polo tanto, coa Mariña de Lugo. Corona estivo casada co ribadense Ramón González. A pesares de ser unha escritora practicamente descoñecida, desde fins de 1926 até 1930 colaborou no semanario A Nosa Terra con varios artigos. Moitos destes textos están escritos dende unha óptica feminista e abordan temas como a situación das galegas e dos galegos en América. Tamén defende a instrución e o traballo das mulleres. Como forma de lembrar a súa figura, o Observatorio da Mariña pola Igualdade decidiu poñer o seu nome á Escola de Formación Feminista.

A cita terá lugar o próximo 8 e 9 de maio no Balneario Hotel de Lugo e o programa é o seguinte:

Sábado 8 de maio:

16.00h: recepción

16.00 – 17.00h: presentación

17.00 – 18.30h: Obradoiro formativo sobre “Feminismos e Movemento Feminista”

18.30 – 19.00h: pausa – café

19.00 – 21.00h: circuíto termal

Domingo 9 de maio:

10.30-12.00: Obradoiro formativo sobre “A Saúde desde a Perspectiva de Xénero”

12.00h: pausa – café

12.30 – 13.30h: Obradoiro formativo sobre “As Violencias de Xénero”

13.30: Clausura da I Escola de Formación Feminista Corona González

Exit mobile version