A MARIÑA .- O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza en Lugo a primeira Escola de Formación Feminista Corona González, os días 8 e 9 de maio, no Balneario Hotel de Lugo. “Unha cita diferente que servirá para que todas as persoas que o desexen aproveiten a fin de semana para formarse en cuestións de xénero e igualdade ao tempo que se relaxan e desfrutan dos beneficios das augas termais”, aseguran.
Nota de Prensa
I ESCOLA DE FORMACIÓN FEMINISTA CORONA GONZÁLEZ
O próximo 8 e 9 de maio terá lugar, no Balneario Hotel de Lugo, a I Escola de Formación Feminista Corona González.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza a I Escola de Formación Feminista Corona González, unha cita diferente que servirá para que todas as persoas que o desexen aproveiten a fin de semana para formarse en cuestións de xénero e igualdade ao tempo que se relaxan e desfrutan dos beneficios das augas termais.
A cita terá lugar o próximo 8 e 9 de maio no Balneario Hotel de Lugo e o programa é o seguinte:
Sábado 8 de maio:
16.00h: recepción
16.00 – 17.00h: presentación
17.00 – 18.30h: Conferencia sobre “Feminismos e Movemento Feminista”
18.30 – 19.00h: pausa – café
19.00 – 21.00h: circuíto termal
Domingo 9 de maio:
10.30-12.00: Conferencia sobre “A Saúde desde a Perspectiva de Xénero”
12.00h: pausa – café
12.30 – 13.30h: Conferencia sobre “As Violencias de Xénero”
13.30: Clausura da I Escola de Formación Feminista Corona González
A cita está aberta a todas as persoas que o desexen. O prezo é de 59 euros (con desconto para socios e socias) e inclúe o aloxamento da noite do 8 de maio, o almorzo do día 9 e un circuíto termal con sauna seca, sauna húmida, contrastes de auga fría e quente, piscina termal, jacuzzi e sillóns térmicos nos que se aplicará un bálsamo relaxante nas pernas. A data límite para anotarse é até o próximo luns 26 de abril e se poderá facer a través do mail observatorioigualdade@gmail.com ou no teléfono 627037668