Nota de Prensa
A pasada fin de semana o GRUPO SCOUT INTERPARROQUIAL ESVEDRO do Concello de Cervo desprazouse a Coruña para celebrar o San Xurxo (patrón dos Scouts) en compañía do once grupos de toda Galicia.
A celebración deste San Xurxo (encontro scout bienal) estivo ambientado no mundo dos piratas e a organización do evento correu a cargo do Grupo Scout STOAS da Coruña .
Houbo un total de 250 persoas entre rapaces e monitores, que repartidos por idades, desenvolveron ao longo da fin de semana xogos, cancións e dinámicas Scout. O sábado os scouts tomaron a cidade vestidos de piratas – pois separados por idades ocuparon todos os puntos neurálxicos e emblemáticos da cidade. Mentres uns facían unha ximkhana polo Monte de San Pedro, outros desenvolvían as súas probas pola Praza de María Pita, outros se dirixían a realizar as probas á Torre de Hércules onde tiñan que subir para, desde arriba,divisar aos inimigos, á Casa das Ciencias, ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, polos xardíns de Méndez Núñez, ao Domus. Foi un percorrido museístico, ambientado nun Gran Xogo Pirata, que fixo as delicias de todos os participantes, a pesar das camiñatas que fixeron dun lugar a outro da cidade.
O domingo houbo unha Eucaristía na Parroquia de San Francisco Javier -sede do grupo anfitrión- para posteriormente facer as fotos de rigor. Rematada a sesión fotográfica e despois de dar boa conta da comida -preparada polos pais -, chegou o momento dos agasallos conmemorativos, da canción scout de despedida, dalgunha que outra bágoa e o emprazamento para o próximo San Xurxo, dentro de 2 anos en terras viguesas.
Desde o Grupo Scout ESVEDRO valoran moi positivamente a participación neste evento, regresando a expedición cervense realmente entusiasmada da celebración deste San Xurxo, onde se atoparon cos que foron compañeiros de campamentos e onde pasaron un fin de semana inesquecible.