CERVO .- O Grupo de teatro O Bordelo participou xunto con 28 formacións teatrais de toda Galicia no “X Ciclo de teatro Domingos a Escena” que se celebra en Caranza, Ferrol. O Bordelo acadou o segundo posto, a 26 milésimas do gañador ” A Pombiña” de Pedroso, Narón.
Nota de Prensa
” O Bordelo” consigue de novo subir ó podium do Ciclo Domingos a Escena de Caranza, Ferrol
No ” X Ciclo de teatro Domingos a Escena”de Caranza, Ferrol , no que participaron 28 formacións teatrais de toda Galicia e 6300 espectadores entre Setembro do 2009 e Abril do 2010, o grupo de teatro ” O Bordelo” de Cervo acadou o segundo posto, a 26 milésimas do gañador ” A Pombiña” de Pedroso (Narón).
Este recoñecemento do seu traballo escénico por segundo ano consecutivo no ciclo de maior peso de toda Galicia ven a reforzar o valor do primeiro premio acadado o ano pasado .
Os compoñentes do grupo cervense están sumamente satisfeitos por manter o máximo nivel tendo en conta que as bases do certame non permiten recibir dous anos seguidos o premio ó mesmo grupo .
O recoñecemento por parte do público deste ano foi debido á representación , o 22 de Novembro ,da peza “O Mariñán” , orixinal de Francisco Piñeiro, na que formaron parte como actores Dolores Viamonte Rey, María Paz Rodríguez Silva, Antonio González.Patoso, José Manuel González -Copa, Xosé Vicente Mon Canoura e Francisco Piñeiro