Site icon Crónica3.com A Mariña

O ex concelleiro do PP José Carlos Paleo será o novo presidente da Acia de Foz

FOZ .- A asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz cambia de xunta directiva. José Carlos Paleo, que fora concelleiro do Partido Popular e delegado de Cultura no Concello focense cando o falecido Manuel María Neira era alcalde, será o novo presidente de Acia Foz, en substitución de Manuel Alberto Fraga.
Paleo encabezou a única candidatura que se presentou para renovar a directiva do colectivo empresarial focense e tomará posesión como presidente da asociación de comerciantes de Foz a próxima semana, segundo informou a emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM).

Exit mobile version