Segundo explica a edil de Deportes, Neves Cando, “un total de 190 nenas e rapazas pertencentes aos clubes Step de Burela e Ribadeo, Saraiba de Poio, Xirandela de Sarria, Acordes de Narón, Quisela de Monforte e Casino Clube Náutico de Viveiro participarán nesta primeira edición do Torneo Concello de Burela”.
A concelleira nacionalista manifesta que “ademais de ver competir a todas estas rapazas de fora de Burela tamén teremos a oportunidade de gozar da demostración das nosas ximnastas que a fin de semana pasada nos campionatos provinciais celebrados en Guitiriz conseguiron a clasificación dos equipos prebenxamín, alevín, infantil, cadete e junior para os campionatos galegos que terán lugar a finais de maio en Ourense”.
Neves Cando felicita “ás gañadoras e agardar que o domingo nos deleiten co mellor do seu quefacer deportivo”.