RIBADEO (FNC) .- O servizo de limpeza viaria de Ribadeo estrea 6 carros, segundo anunciou esta mañá o concelleiro de Medio Ambiente. Horacio Cupeiro dixo que “estes carros substituirán aos que tiñamos que estaban moi deteriorados e puidémolos comprar en parte pola venda do antigo camión de recollida do lixo e uns 1.800 ou 2.000 euros irán con cargo á dotación presupostaria da miña delegación”.
O edil nacionalista suliñou que “desde Medio Ambiente estamos traballando bastante duro e así o fixemos para conseguir un camión do lixo novo, un tractor desbrozador que é a envidia de moitos e que non para de traballar en todo o ano, un camión contra incendios que tamén é envidia de moitos e tamén lle metemos man á barredora que levaba moitos anos sen facérselle nada e agora reparamos o brazo, rodillos, motor…”.
Cupeiro lembrou que “estamos sacando adiante un sistema de xestión ambiental denominado EMAS pasando e sendo superada unha auditoría por parte de Lloyd’s, unha empresa que ten un grande prestixio internacional; tamén conseguimos o núcleo de sostibilidade e a través del imos sacar adiante a Axenda 21 Local e a Axenda 21 Escolar que xa está en marcha. A xente debe saber o traballo e o esforzo que estamos a facer desde a miña delegación para conseguir que Ribadeo estea na élite dos concellos galegos, coa gestión que estamos a facer dos residuos e que así nos recoñecen na Xunta”.