Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo dotará de decodificador da TDT o piso tutelado

RIBADEO (FNC) .- Ante a denuncia efectuada este mediodía desde o grupo municipal do PP sobre a falla dun decodificador de TDT no piso tutelado polo Concello, o alcalde de Ribadeo ven de preocuparse persoalmente polo ocorrido, asegura que se trata dun descuido que asume como propio e anuncia que nas vindeiras horas os residentes do piso poderán ver a televisión con normalidade.

Fernando Suárez sinala que “os Concellos están rexidos por persoas que non somos perfectas e que podemos cometer erros porque é imposible estar ao tanto de todo. Pero do mesmo xeito que un veciño avisa ao Concello sobre unha farola que non funciona na rúa, os residentes do piso tutelado ben puideron advertirnos desta incidencia desde o principio, desde o pasado 2 de abril, e non agardar a que un grupo da oposición utilice o sucedido como arma e munición política”.

Exit mobile version