LOURENZÁ .- A Concelleira de Medio Ambiente de Lourenzá está a organizar unha charla informativa sobre compostaxe para o vindeiro venres 16 de abril de 2010, as 20 horas no Salón de Actos da Casa do Concello.
Este acto consiste na presentación pública e divulgación do proxecto de compostaxe doméstico a instaurar na localidade en virtude do acordo asinado con SOGAMA, e do que tamén forman parte os concellos de Alfoz, Trabada e Barreiros.
A pretensión desta charla informativa e de que os laurentinos interesados en participar nesta iniciativa poidan coñecer os pormenores da mesma, beneficios que traerá consigo e proceso a seguir para a transformación da materia orgánica en compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o chan.
Asimesmo, aproveitarase a ocasión para insistir na necesaria colaboración cidadán no sistema de recollida selectiva das distintas fraccións de residuos, contribuíndo con elo a alcanza-los obxectivos finais deste programa: redución da produción de refugallos e incremento dos porcentaxes de material desviado aos centros recicladores.
Informar tamén que está aberto o prazo ata finais de mes para que os veciños interesados en participar neste programa formalicen a solicitude nas oficinas municipais, concretamente poñéndose en contacto con Técnico de Emprego do Concello.