Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela programou a décimo sexta edición do “Día do xubilado” para o 2 de maio

BURELA (FNC) .- Todo está listo en Burela para a celebración da décimo sexta edición do Día do Xubilado que organiza o Concello e que terá lugar o vindeiro 2 de maio. A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, lembra que “poderán participar aquelas persoas que sexan pensionistas de xubilación, invalidez ou viudedade e que estean empadroadas en Burela”.
Os interesados deberán anotarse na Casa do Concello a partires do vindeiro martes 13 de abril e ata o 26 deste mesmo mes.
O 2 de maio, Día do Xubilado, a xornada dará comezo ás 12 coa recepción que lles ofrecerán aos participantes a edil de Benestar Social e o alcalde Alfredo Llano. Ás 12:30 terá lugar a actuación de Escolma de Meus, despois ás 14 horas será o xantar no pavillón dos institutos e a partires das 16 horas haberá baile e o sorteo de dúas viaxes á península ou ás illas, entre os xubilados que participen na xornada.

Exit mobile version