Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela participará na XXXV edición da “Feira de mostras de Arévalo”

BURELA .- Burela estará presente na XXXV edición da feira de mostras  de Arévalo 2010 que terá lugar do 29 de abril ao 2 de maio.O concelleiro delegado de Turismo, José González Legazpi, asegura que “nesta feira atópanse representados os sectores institucionais, turísticos, artesanais e agroalimentarios e compreméntase tamén coa representación dos bodegueiros de viños e licores e mesmo cun espazo adicado á maquinaria agrícola e automoción”.

O edil nacionalista engade que “conxuntamente celébrase tamén en Arévalo a feira de antigüedades que xa vai pola súa XXIII edición. Ésta ten coma característica principal a exposición de pezas de alta época dunha antigüedade mínima de 100 anos; en definitiva, un espazo amplo e plural donde Burela, dará a coñecer os seus atractivos turísticos, gastronómicos, a súa  historia e demáis, como en anos anteriores a través dun stand apropiado en espazo e distrubución”.

O responsable de Turismo de Burela explica que “acudimos á feira de mostras de Arévalo por cuarta vez, porque entendemos que na promoción e na divulgación atópase a consecución dos obxectivos turísticos, entre outras cousas, a potenciación radica en manterse naquelas feiras de interés. E a de Arévalo polo seu propio asentamento e a súa cercanía con Madrid é interesante para a promoción de Burela coma destino vacacional, para divulgar a nosa gastronomía e todo o que ten interese no ámbito turístico e mesmo residencial”.

No que vai deste 2010, Burela estivo presente xá en Fitur en Madrid, en Expourense, e recentemente no Salón Internacional de Barcelona a través de Turgalicia e agora en Arévalo en Ávila. E nos vindeiros meses acudirá a Ferrol, a Vigo, a Valladolid, a Bilbao e a Xixón, “para seguir valorizando o noso interese turístico e gastronómico, no senso de afianzar e posibilitar cotas de crecemento para Burela dentro do ámbito turístico, e por tanto de potenciación xeral para a economía do Concello”.

Exit mobile version