Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela investirá 245 mil euros en tres cursos do Plan FIP

BURELA (FNC) .- O Concello ofertará tres cursos con cargo ao plan FIP, que financian o Fondo Social Europeo, o goberno do Estado e a Consellería de Traballo. Para levalos adiante contarán cunha subvención de 245.000 euros, segundo anunciou no día de hoxe a concelleira de Formación e Emprego.

Sonia Fraga sinalou que “acabamos de recibir a resolución desta acción formativa, en total da solicitude que plantexamos concedéronnos tres cursos que son: electricista de mantemento que consta de 760 horas, reparador e mantemento de instalacións de fontanería e calefacción de 385 horas e electricista industrial que terá 680 horas”.

A edil socialista engadiu que “as prazas de formación para os alumnos que queiran participar son de 15 como máximo. Agora imos comezar cos trámites previos como a elaboración das bases para a contratación do persoal que se encargará de impartir os cursos e despois farase tamén a selección. Animar á xente a que se informe tanto no INEM como no Centro de Formación Ocupacional de Burela”.

Exit mobile version