Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela fai traballos de asfaltado nos barrios de Vilar e Vila do Medio

BURELA FNC).-  O Concello continúa realizando traballos de asfaltado en Burela, segundo informa no día de hoxe o concelleiro de Obras e Servizos. Pascual Doménech asegura que “dende principios do mes de abril atópase en Burela un equipo de asfaltado da Deputación de Lugo composto de rodillo compactador, camión semirremolque de transporte de áridos e camión con cuba de rego asfáltico. Os operarios están a traballar conxuntamente co persoal da brigada de obras do Concello de Burela, están a realizar a pavimentación de pistas no barrio de Vilar, na zona de Campo Capelo, no camiño da Limosa, que une Suafonte co paseo marítimo de O Cantiño, e a semana que ven actuarán en rúas do barrio de Vila do Medio”.

O edil socialista conta que “tamén estiveron esta semana e a anterior pavimentando o aparcamento interior do campo de fútbol de A Marosa, cumprindo unha vella reivindicación tanto da S.D. Burela, como dos afeccionados e practicantes que se acercan a facer uso das instalacións deportivas. E remataron tamén a explanada exterior que sirve de estacionamento para a praia de A Marosa, que se atopaba en moi mal estado, para dar servizo aos bañistas do areal e aos usuarios do paseo marítimo”. Doménech Gruñeiro considera que “agora que estamos ás portas da temporada estival, era unha reparación  moi solicitada por todos os bureleses e visitantes que se acercan a disfrutar do seu ocio nunha das praias máis fermosas de A Mariña”.

Exit mobile version