Na acto deuse conta das actividades realizadas desde da Xunta saínte, na cal destacaron as actividades literarias, con presentación de libros e un encontro literario. Tamén se realizaron dous actos lúdicos con motivo do fin de ano, no cal se aproveitou para reivindicar a hora natural para a Galiza. Por outra parte, dúas actividades destacaron polo seu notábel éxito e novidade: o Aberto do Bonito de Billarda, celebrado no Parque Rosalía de Castro con motivo do Día sen Coches, e “A política municipal a debate”, na cal os portavoces das tres forzas políticas con representación na cámara municipal enfrontaron as súas visións sobre a xestión política da vila.
A nova Xunta Rexedora presentou tamén o seu programa de actividades e obxectivos de cara ao futuro. O máis inmediato será o vindeiro 4 de abril, coa visita ás Covas do Rei Cintolo en Mondoñedo. Para máis adiante teñen programada a dixitalización de “O Trasno”, revista editada polo Colectivo Cultural Buril, a realización dunha nova edición do Aberto do Bonito e o Encontro Literario entre outras.