BURELA .- O Colectivo Cultural Buril celebrou na tarde do sábado 3 de abril en asemblea xeral, na cal se elixiu nova Xunta Rexedora. A composición da mesma apenas amosa cambios, continuando Rosana Valle como presidenta do colectivo.
Na acto deuse conta das actividades realizadas desde da Xunta saínte, na cal destacaron as actividades literarias, con presentación de libros e un encontro literario. Tamén se realizaron dous actos lúdicos con motivo do fin de ano, no cal se aproveitou para reivindicar a hora natural para a Galiza. Por outra parte, dúas actividades destacaron polo seu notábel éxito e novidade: o Aberto do Bonito de Billarda, celebrado no Parque Rosalía de Castro con motivo do Día sen Coches, e “A política municipal a debate”, na cal os portavoces das tres forzas políticas con representación na cámara municipal enfrontaron as súas visións sobre a xestión política da vila.
A nova Xunta Rexedora presentou tamén o seu programa de actividades e obxectivos de cara ao futuro. O máis inmediato será o vindeiro 4 de abril, coa visita ás Covas do Rei Cintolo en Mondoñedo. Para máis adiante teñen programada a dixitalización de “O Trasno”, revista editada polo Colectivo Cultural Buril, a realización dunha nova edición do Aberto do Bonito e o Encontro Literario entre outras.