Site icon Crónica3.com A Mariña

O club de bolos de Xove arrasa no Campionato Galego Intermodal

XOVE .- O campionato celebrouse este pasado fin de semana (o xoves 1 de abril a fase clasificatoria e o sábado 3 de abril as finais) nos Campos de Pousada (Concello de A Pastoriza) e Pacios (Concello de Castro de Rey), e no mesmo compíteuse en tódalas modalidades de bolos que se practican na actualidade en Galicia, contando para victoria final os puntos conseguidos en cada modalidade. As modalidades presentes no Campionato, foron: Bolo Canteiro, Bolo de Xove, Bolo Puxeiro, Bolo en Línea e Bolo Celta).

Na final Intermodal deste ano participaron os xogadores clasificados na fase clasificatoria do 1 de abril pola Provincia de Lugo e unha selección de xogadores do resto de Galicia, entre os que se atopaban Inocencio Valverde e Javier Fontán, os cales teñen nas súas vitrinas varios Campinatos Galegos e de España, dahí que o nivel pódese decir que foi moi alto.

Na final ,que como xa dixemos celebrouse o sábado 3 de abril, o Club de Bolos Xove foi o gran dominador do Campionato, alzándose cos tres primeiros postos da Clasificación Final Absoluta, e con 6 clasificados entre os dez primeiros. Neste sentido, temos que decir tamén que GINES RODRÍGUEZ, do CLUB DE BOLOS XOVE e recente Campión da Liga Senior de Bolos de Xove, redondeou unha extraordinaria campaña alzándose co título de CAMPIÓN do Campionato Galego Intermodal de Bolos, acompañado no podium polos tamén xogadores do Club de Bolos Xove Arturo Vigo (2º) e Carlos Javier Rodrígue (3º). A Clasificación Final Absoluta, realizada co suma das puntuación de tódalas modalidades, foi a seguinte:

CLASIFICACION FINAL ABSOLUTA:

1º.- GINES RODRIGUEZ FERNANDEZ (CLUB DE BOLOS XOVE) 1.307 PUNTOS

2º.- ARTURO VIGO CASABELLA (CLUB DE BOLOS XOVE) 1.243 PUNTOS

3º.- CARLOS JAVIER RODRIGUEZ CASABELLA (CLUB DE BOLOS XOVE) 1.155 PUNTOS

4º.- INOCENCIO VALVERDE (CLUB DE BOLOS XUNQUEIRA) 1.149 PUNTOS

5º JOSE RAFAEL GONZALEZ BERMUDEZ (CLUB DE BOLOS XOVE) 1.144 PUNTOS

6º FRANCISCO R PEREZ GONZALEZ (CLUB DE BOLOS XOVE) 1.074 PUNTOS

7º ADRIAN BOUSO GAVIN (CLUB BOLOS CRUCEIRO DE MEILAN) 1.072 PUNTOS

8º JORGE FERNANDEZ MORA (CLUB DE BOLOS CEAN) 1.005 PUNTOS

9º MOISES RODRIGUEZ CASABELLA(CLUB DE BOLOS XOVE) 971 PUNTOS

10º ELIAS BOUSO COMENDEIRO (CLUB BOLOS CRUCEIRO DE MEILAN) 959 PUNTOS

Adxunto, en ficheiro excel aparte, as puntuacións finais (modalidade por modalidade e suma final) de tódolos participantes.

En canto ás clasificacións das distintas modalidades que serviron para conformar a clasificación absolutas, foron:

CLASIFICACION BOLO CANTEIRO

1º.- GINES RODRIGUEZ FERNANDEZ (CLUB DE BOLOS XOVE) 313 PUNTOS

2º.- CARLOS JAVIER RODRIGUEZ CASABELLA (CLUB DE BOLOS XOVE) 307 PUNTOS

3º.- INOCENCIO VALVERDE (CLUB DE BOLOS XUNQUEIRA) 262 PUNTOS

CLASIFICACION BOLO DE XOVE

1º.- ARTURO VIGO CASABELLA (CLUB DE BOLOS XOVE) 371 PUNTOS

2º.- JOSE RAFAEL GONZALEZ BERMUDEZ (CLUB DE BOLOS XOVE) 344 PUNTOS

3º.- GINES RODRIGUEZ FERNANDEZ (CLUB DE BOLOS XOVE) 334 PUNTOS

CLASIFICACION BOLO PUXEIRO

1º.- ARTURO VIGO CASABELLA (CLUB DE BOLOS XOVE) 308 PUNTOS

2º.- GINES RODRIGUEZ FERNANDEZ (CLUB DE BOLOS XOVE) 286 PUNTOS

3º.- JOSE RAFAEL GONZALEZ BERMUDEZ(CLUB DE BOLOS XOVE) 270 PUNTOS

CLASIFICACION BOLO EN LINEA

1º.- ADRIAN BOUSO GAVIN (CLUB BOLOS CAMPO CRUCEIRO) 201 PUNTOS

2º.- JOSE ANTONIO BERMUDEZ REIGOSA (CLUB DE BOLOS RIBATRA) 195 PUNTOS

3º.- ELIAS BOUSO COMENDEIRO (CLUB DE BOLOS CAMPO CRUCEIRO) 192 PUNTOS

CLASIFICACION BOLO CELTA

1º.- DIEGO PEREZ (CLUB DE BOLOS XUNQUEIRA) 259 PUNTOS

2º.- JORGE FERNANDEZ MORA (CLUB DE BOLOS CEAN) 236 PUNTOS

3º.- INOCENCIO VALVERDE (CLUB DE BOLOS XUNQUEIRA) 232 PUNTOS

Temos que destacar tamén a gran participación feminina neste Campionato, demostrando tódalas participantes un gran nivel e unha excelente progresión. Tamén nesta Clasificación o Club de Bolos Xove logrou meter unha participante no podium final, e non foi outra que a recente Campiona da Liga Feminina de Xove Mª DEL CARMEN CORRAL , a cal quedou no terceiro posto da Clasificación Final.

CLASIFICACION FEMENINA ABSOLUTA

1ª.- Mª EDITA GONZALEZ FREIRA (CLUB DE BOLOS ARCASCO) 565 PUNTOS

2ª.- TANIA BARREIRO GARCIA (CLUB BOLOS CAMPO CRUCEIRO) 548 PUNTOS

3ª.- Mª DEL CARMEN ROCA CORRAL (CLUB DE BOLOS XOVE) 523 PUNTOS

Exit mobile version