Lucía Bouza, responsable de Medio Ambiente do Concello de Burela , anunciou que “o centro de educación medio ambiental Gaia organiza desde o 16 e ata este venres 23 de abril unha actividade para conmemorar o día do libro que se celebra nesa xornada. Está pensada para todos os alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria dos colexios Virxe do Carme e Vista Alegre e as monitoras fan un xogo para eles no que cada día van dando unhas pistas para que atopen personaxes de contos populares infantís”. Como premio pola súa participación cada neno recibirá un libro como agasallo.