XOVE / FOZ (MFO) .- O Xove logrou sacar a diante o difícil partido contra o Norinver Ferrol e gañou con un incrible final por 75 puntos a 64. O Celtas volveu a mostra a súa mala cara, tras vir de gañarlle ao terceiro clasificado, e perdeu contra o Recimil por un contundente 84 a 42.
Os xovenses seguen a facerse fortes na súa casa xogando un dos mellores partidos da tempada. Os primeiros vinte minutos foron de claro dominio local chegándose ao descanso con un marcador de 43 a 36. Na segunda parte o Norinver empezou a remontar e a falta de cinco minutos colocouse dous puntos arriba. Dende este momento a espectacular defensa do Xove logrou que os ferroláns non anotaran ningún punto mais para así gañar o partido por once puntos. Polo C. B. Xove xogaron: Juan María (20), Andrés (11), Fernando (11), Álvaro (7), Alcalde (8) – Javi (7), Ángel (6), Eugenio (2) e Piñón (3).
O Celtas foi incapaz de plantarlle cara ao Recimil e segue sen gañar ningún partido a domicilio. No primeiro cuarto os focenses xa quedaron sentenciados tras recibir un parcial de 28 a 7. Polo Celtas xogaron: Aarón (5), Manuel (1), Ángel (3), Diego (7), Manolo (2) – Lucas (8), Ramón (7) e Miguel (9).