Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela-Celtas júnior feminino participa na da Copa Federación Galega de Baloncesto

BURELA .- O club de baloncesto Burela-Celtas júnior feminino enfrontarse na Copa FGB ao Seis de Nadal de Vigo, o sábado día 1 de maio ás 12:00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela; o partido de volta será o domingo 9 de maio ás 12 horas no pavillón do Seis do Nadal. O C.B. Burela-Celtas quedou clasificado como campión provincial, posto que dá acceso a disputar a Copa FGB.

Nota de Prensa

Clube baloncesto Burela

Na presente temporada o noso clube chegou a un acordo de colaboración co Celtas de Foz de cara a formar un só equipo Júnior femenino que leva o nome C.B. Burela-Celtas e xoga, na presente temporada, como local no Pavillón Vista Alegre.

Este equipo, despois de participar nas fases previas e na Liga Zonal de Lugo, quedou clasificado como campión provincial, posto que dá acceso a disputar a Copa FGB, na que participará representando a provincia de Lugo.

Despois do sorteo, que tivo lugar onte na FGB en Santiago, ao noso clube tocoulle enfrentarse ao SEIS DE NADAL DE VIGO; así este vindeiro sábado día 1 de maio ás 12:00 horas, terá lugar no Vista Alegre o partido: CB. BURELA-CELTAS vs. SEIS DO NADAL DE VIGO. E o vindeiro domingo 9 de maio ás 12 horas no Pavillón do Seis do Nadal o encontro de volta.

Na Copa FGB participan os campións das sete ligas zonais de Galicia e o subcampión do equipo campión do ano pasado, neste caso o Arxil de Pontevedra, polo cal da zona de Arousa participan dous equipos. Son fases eliminatorias que ao longo do mes de maio e na primeira semana de xuño rematarán coa proclamación dos campións e subcampións.

O calendario completo atópase na páxina webb da Federación www.fegaba.com, no apartado de competicións premendo en Ligas da Federación Galega.

Exit mobile version