Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG instan a Fomento a que arranxe N-634, estrada que acumula máis puntos negros da rede viaria estatal

Nota de Prensa

Os nacionalistas instan a Fomento a que arranxe a estrada que acumula máis puntos negros da rede viaria estatal.

O BNG denuncia o abandono dos tramos lucenses da N-634.

O Bloque Nacionalista Galego vén de solicitar no Congreso dos Deputados a través do seu portavoz Francisco Jorquera que o Ministerio de Fomento proceda a acometer as obras de mellora dos tramos lucense da N-634 que segundo a propia Dirección Xeral de Tráfico, nos seus tramos lucenses representa a meirande concentración de puntos negros de toda a rede viaria estatal.

Segundo recolle a iniciativa presentada polos nacionalistas o propio trazado do vial onde se combinan zonas de xeografía sinuosa como pode ser todo o tramo que desde o Concello de Barreiros, transcorrendo por Lourenzá e Mondoñedo, chega a Abadín, para dar paso ao trazado que discorre polos concellos chairegos de longas rectas, sen esquecer que estamos a falar dunha estrada cuxo trazado no fundamental data de máis de trinta anos. O portavoz Comarcal do BNG recordaba que “segundo explicaba a propia Dirección xeral de Tráfico en resposta en sé parlamentaria ao noso grupo político, a combinatoria de orografía accidentada, con zonas de pendentes acusadas, así como outras zonas que son practicamente chas pero de escasa visibilidade, acompañada dunhas solucións técnicas que no momento se deron para o trazado provocan que a N-634 ocupe este pouco meritorio lugar no ranking viario do Estado”.

Os nacionalistas consideran que as obras de construción da Autovía do Cantábrico, que vai suplir e cubrir parte do tráfico que actualmente ocupa este vial, non pode ser en ningún caso unha escusa para xustificar a ausencia de investimentos nos últimos anos nesta estrada. Na contra a ausencia dun mantemento axeitado, a falla de actuacións de reparación do firme así como as deficiencias de sinalización o que está é a provocar un aumento na perigosidade da N-634 así como dificultar a circulación pola mesma. Antonio Veiga afirmou que “non son de recibo as solucións que está a dar o Ministerio de Fomento para os problemas que xurdiron nalgúns dos seus tramos, como os cortes dos carrís de adiantamento e moito menos que non se proceda a dar solucións aos problemas sobre o estado do firme na práctica totalidade dos Concellos por onde discorre , máis propias dunha estrada comarcal e local que dunha estrada que soporta tal densidade de tráfico”.

O Portavoz nacionalista recalcou que “no momento que sexa posíbel circular pola totalidade dos tramos lugueses da A-8 que discorren en paralelo a actual N-634 esta estrada vai seguir a xogar un papel importante na conexión e a vertebración dos espazos xeográficos da Mariña, A Corda e a Terra Cha polo que é preciso manter a mesma nunhas condicións que a fagan transitábel algo que hoxe é máis que discutíbel.” Na mesma liña Veiga recordou que as propias previsións do Ministerio de Fomento sitúan a apertura do tramo Mondoñedo – Lindín no 2014 polo que até esa data incluso non se vai librar da totalidade do tráfico que conecta Galiza co conxunto da cornixa Cantábrica.

Exit mobile version