Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG demanda o arranxo da estrada Vilamar-Reme ao seu paso por Barreiros

NOTA DE PRENSA:

O BNG PRESENTARÁ LEVARÁ UNHA INICIATIVA AO PRÓXIMO PLENO NA QUE DEMANDA O ARRANXO DA ESTRADA VILAMAR-REME AO SEU PASO POR BARREIROS. OS NACIONALISTAS LEMBRAN QUE OS VECIÑOS RECLAMAN UN VÍAL CUN TRAZADO AXEITADO, CON BEIRARRÚAS E CON ALUMEADO PÚBLICO.

Barreiros, 22 de abril de 2010. O BNG de Barreiros levará unha iniciativa ao próximo pleno relativa ao tramo barreirense da estrada Vilamar-Reme.

Os nacionalistas lembran que “é o tramo barreirense, dende Vilamar ao cruce de Vilamartín, duns 6 km, o único no que a Xunta nunca actuou. Os arranxos desta estrada comezaron a mediados da década dos 90 no término municipal de Ribadeo, pero na zona correspondente a Barreiros nunca se chegou a intervir, planificándose incluso varios trazados sen executar ningún. Agora parece ser que a intención da Xunta, segundo palabras do alcalde, é botar unha capa de aglomerado sobre o vial actual sen variar o seu trazado”.

Desde o BNG barreirense sinalan que “as demandas dos veciños da parroquia de Cabarcos, a principal afectada por este vial, van mais aló e reclaman unha vía en perfecto estado, despois de levar tantos anos de abandono e que esta estrada sexa reformada cun bó firme, un trazado axeitado e que se contemple tamén a construcción de beirarrúas e a colocación de alumeado público”.

Para o Bloque Nacionalista Galego resultan “lóxicas e xustas as demandas dos veciños, e por iso levará unha iniciativa ao próximo pleno donde se recollen as demandas históricas dos veciños desta parroquia”.

Insisten ademais no BNG en que “nin o alcalde nin o conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras poden obviar as demandas dos barreirenses da zona interior, pois logo de anunciarse un grande desembolso do erario público para dotar de servizos ás urbanizacións da costa con licenzas recurridas, non poden ignorar as necesidades dos barreirenses que viven aquí todo o ano e que pagan aquí tamén os seus impostos. Se así o fixeran, habería que pensar que o PP non actúa con rigor nin xustiza, poñendo cartos públicos para determinadas iniciativas privadas e deixando abandonado un vial público que vertebra toda a zona interior do concello. Unha reforma que costaría moitísimo menos ca os servizos que van a financiar na zona costeira, servizos que tiñan que estar xa financiados pola iniciativa privada na súa maior parte”.

Exit mobile version