Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG demanda a posta en marcha das cercanías ferroviarias na Mariña

NOTA DE PRENSA:
Os nacionalistas consideran o debate FEVE/AVE como unha cortina de fume para non facer nada.

O BNG demanda a posta en marcha das cercanías ferroviarias na Mariña

O Bloque nacionalista Galego vai iniciar unha ofensiva institucional tanto no ámbito a fin de que o Goberno do estado, a través da compañía pública, Ferrocarriles Españoles de Vía Estrecha(FEVE) acometa a implantación das cercanías ferroviarias na Mariña. Neste sentido os nacionalistas queren denunciar os incumprimentos que a este respecto ven cometendo o Goberno Central así como a falla de vontade por parte da Xunta de Galiza de impulsar este servizo, desantendo mesmamente acordos parlamentarios. Asemade desde o BNG lamentase que aquela primeira experiencia de implementación das mesmas a finais dos 90 fose finiquitada por FEVE a pesar do éxito co que estaban a ser acollidas pola poboación da Comarca.

Os nacionalistas queren denunciar a ausencia de investimento por parte do ente público na mellora das infraestruturas ferroviarias na Mariña do que é un bo exemplo os orzamentos do Estado que destinou a obras nos tramos lucenses 4 millóns de euros nos últimos seis anos, se ben a cantidade non foi executada. Na mesma liña compre denunciar que o Plan de Reubicación de Apeadeiros que Feve comprometera en 1999 ficou en nada, ao reducirse as actuacións en Covas e en Lieiro. Asemade os nacionalistas queren lembrar que unha obra central como era o ramal de Alcoa segue sen executarse a día de hoxe, cando a propia vía pasa por terreos da fabrica.

O Bloque Nacionalista Galego entende que non é momento para a discusión senón para actuar na dupla dirección de recuperar o Plano do 99 sobre apeadeiros e poñer en marcha as cercanías ferroviarias. Neste sentido considera que a polémica que mantén o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza en relación coas conexións ferroviarias no norte galego, e a súa extensión ao conxunto da cornixa cantábrica, é a coartada coa que as dúas administracións pretenden desentenderse do futuro ferroviario da Mariña. A este respecto desde o BNG quere lembrar que desde a Mesa de Infraestruturas da Mariña e do conxunto da sociedade comarcal sempre se defendeu un tren de usos mixtos, isto é que servise tanto para o transporte de pasaxeiros e de mercadorías.

Os nacionalistas van solicitar do goberno central que se acometa no referido ao Plano de Apeadoiros a ubicación dun novo dentro da factoría de Alcoa que poida funcionar tamén como central de cargas así como a posta en funcionamento dun novo en Foz que estea máis achegado ao casco urbano. Na mesma liña desde o BNG esixese que FEVE se comprometa ben sexa conveniando cos Concellos, ben sexa por medios propios a adecentar o estado no que se atopan estacións e apeadoiros na Mariña, a grande maioría deles nun estado de absoluto abandono.

No tocante as cercanías os nacionalistas quixeron lembrar que o desprazamento por tren desde Viveiro a Ribadeo é máis rápido, mesmo coas actuais condicións da liña e das máquinas, que o transporte por estrada. En relación con isto desde quixeron denunciar que FEVE está a utilizar na zona maquinas que xa ten sacado de uso noutros territorios do estado, e que a velocidade está máis determinado pola falta de potencia das maquinas, por ser estas vellas, que polas dificultades de trazado que pode presentar liña. A tal fin desde o BNG solicitan que se poñan en funcionamento desde Vicedo a Ribadeo liñas cunha frecuencia de tres horas entre eles en horario diúrno agás o fin de semana que se debe compatiblizar cos horarios de ocio.

Xa por últimos desde o BNG queren facer fincapé que o tempo lle deu a razón aos nacionalistas á hora de reivindicar as potencialidades e a necesidade de que A Mariña contase con infraestruturas ferroviarias, alén dunha reliquia do pasado ou dunha peza de museu, pola contra un sistema de cercanías na comarca será un vector de modernidade, progreso e servizo a poboación da que non podemos prescindir

Exit mobile version