Nota de Prensa
Aos Medios de Comunicación:
O Bloque Nacionalista Galego continua coa súa campaña informativa sobre o Plan de Ordenación do Litoral. Despois de ter organizado tres actos en Viveiro, Covas e Celeiro, convoca agora dous máis que se desenvolverán en Magazos e Vieiro os vindeiros 15 e 16 de abril ( xoves e venres ) nos Centros Socioculturais de Magazos e Vieiro. Estes douas actos darán comenzo ás 20:30 horas e estarán apoiados por unha proxección da planimetría do POL.
O concelleiro portavoz do B NG Xosé A. Goás considera que estes actos informativos “é o mínimo que unha formación política debe facer diante dun proxecto como o do POL que vai afectar a moitas vivendas”.
Tamén lembrou que o BNG presentou unha moción o pasado 23 de marzo para que o Concello se pronuncie a prol da retirada deste proxecto. Agarda o BNG que sexa tratada canto antes e que a Comisión para o Estudo do POL se reuna canto antes xa que o vindeiro 15 de maio este proxecto será aprobado inicialmente pola Xunta.