Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde e a edil de Sanidade de Burela interesáronse polo futuro da unidade asistencial de drogas

BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Sanidade, Sonia Fraga, mantiveron esta mañá en Lugo un encontro coa xefa territorial de Sanidade, Purificación Rivas, coa que analizaron as iniciativas para a poboación que está a realizar o Concello e falaron tamén do futuro da unidade asistencial de drogas.

Sonia Fraga explicou que “lle presentamos as iniciativas para a poboación que se están a facer desde a Delegación de Sanidade de Burela e sobre todo pedímoslle apoio e a axuda que precisamos os Concellos neste momento para desenvolver todas as actividades que organizamos”. A edil socialista manifestou que “tamén falamos das subvencións dos Concellos Saudables, démoslle a coñecer o proxecto que presentamos o ano pasado e a iniciativa que temos para solicitar de novo neste 2010 unha partida económica si se voltan a conceder esas subvencións”.

Outro asunto abordado na xuntanza desta mañá en Lugo foi “a unidade asistencial de drogas, xa sabíamos que anteriormente estaban traballando pola integración deste servizo no Sergas e queremos saber si eso segue para adiante, a continuidade do servizo, as subvencións ás que pode acceder… Foi unha primeira toma de contacto para coñecernos e para informar á xefa territorial de Sanidade daqueles asuntos que máis nos preocupan neste momento”, seguiu a contar a concelleira de Sanidade.

Sonia Fraga segurou que “Purificación Rivas amosóuse moi receptiva e dixo que ía solicitar información sobre a unidade asistencial de drogas e sobre as subvencións, nun momento no que hai que analizar todas as posibilidades”.

Exit mobile version