RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo lamenta as queimaduras sofridas por unha veciña da vila á que alcanzou unha pelota ardendo hai un par de días nas inmediacións dun colexio.
Fernando Suárez sinalou que “están sendo noticia nas últimas horas uns feitos acaecidos aquí en Ribadeo e ante as numerosas peticións dos medios de comunicación quérome pronunciar ao respecto con toda a prudencia que merece a situación. Refírome a esta veciña da vila que sofre queimaduras nunha parte importante do seu corpo, que está ingresada na unidade de queimados do hospital Juan Canalejo da Coruña e que foron ocasionadas por uns menores de idade que xogando alcanzaron cunha pelota ardendo a esta muller. Esa pelota queimóulle parte das pernas e hacia arriba, hacia o tronco”.
O rexedor suliña que “se trata dun feito illado, Ribadeo sempre foi e segue a ser un sitio tranquilo, onde todo o mundo convive tranquilamente coas normales incidencias que pode haber en calquera outro pobo. Eu desexo que esta señora se recupere o máis rápidamente posible e quero creer que foi accidental este suceso ainda que desde logo o asunto está a ser investigado polas autoridades pertinentes e eu polo tanto non quero facer ningún xuizo de valor, nin quero acusar, nin quero condenar, nin quero dicir nada, pero o certo é que a día de hoxe hai unha señora maior que está hospitalizada con graves queimaduras e eso é que me preocupa a min e a todos os veciños e veciñas deste concello”.