O GOBERNO DO PP DE CERVO DURARÁ MENOS ANOS QUE A TUBERÍA DA PISCINA
VILLARES MINTE CANDO DICE QUE O TUBO DE CONDENSADO ESTABA EN TERRA VIVA E SEN ILLAMENTO
CERVO, 23 DE ABRIL. Dende o GMS queremos expresar a nosa repulsa ante as declaracións de Alfonso Villares onde faltando á verdade culpa ao anterior goberno socialista da rotura do tubo de condensado da piscina municipal. O alcalde alegou que a rotura debeuse á falta de illamento e que o tubo estaba en terra viva. Sen ambargo, podemos demostrar que Alfonso Villares faltou á verdade posto que coma se demostra nas fotos adxuntas, os operarios tiveron que picar o aro de hormigón que rodeaba este tubo.
O comodín dos “Socialistas”
Con este tipo de afirmacións totalmente falsas, o goberno de Cervo non fai mas que perder crédito ante os cervenses, o cal non é bo para ninguén. Estamos convencidos que este tipo de saídas de tono favorecerán que o goberno do PP dure menos que a tubería de condensado que rompeu o pasado luns (13 anos). O alcalde de Cervo abusa a miúdo do “comodín socialista” co único obxetivo de desviar á atención ante a súa incapacidade para gobernar e dar resposta aos veciños.
Un alcalde serio non pode pasarse a vida chorando e botándolle a culpa de todo ao goberno anterior, máxime cando fai 11 anos que non está. Se temos un goberno que non é capaz de xestionar e mellorar as condicións de vida dos cervenses, ¿para que os queremos no goberno?.