Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela, satisfeito coa Bandeira verde, felicita aos promotores de doar a vara do bonito

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela amósase satisfeito pola bandeira verde-municipio responsable que acaba de conseguir o Concello e dalles a noraboa aos que tiveron a idea de expoñer unha vara boniteira no Museo do Pobo Galego en Santiago.

Alfredo Llano dixo que “temos que estar satisfeitos polo galardón da bandeira verde-municipio responsable na súa onceava edición, xa o obtivemos máis veces pero este ano engadíuse un apartado máis co que xa temos o máximo número de estrelas da convocatoria. Esto quere decir que estamos funcionando o mellor que podemos na medida das nosas posibilidades. É un premio para todo o concello, para toda a cidadanía de Burela que debe sentirse orgullosa de estar colaborando con algo prioritario como é o medio ambiente”.

O rexedor tamén aludiu ao acto celebrado o sábado pasado no Museo do Pobo Galego en Santiago, “tamén recibimos un diploma acreditativo, onde se recoñece a donación da vara boniteira que fixo o pobo de Burela. É algo que formará parte do patrimonio xeral de toda Galicia, estará na sección de mar onde tamén se poden ver representacións magníficas do arte da pesca de todo Galicia. Nós imos estar nun lugar preferente e todo o mundo poderá apreciar o que se fai desde Burela para promocionar a pesca artesanal”. Llano lembrou que “se trata dunha modalidade que se van empregando desde hai moitos anos para a pesca do bonito, algo que nos debe orgullecer. Agardamos que sexa moi recoñecida esta tradición polos visitantes que se acheguen a Museo do Pobo Galego”.

O alcalde déulle “a noraboa a quen tivo a iniciativa de levar alí a vara bonitera e a todos os que participaron na súa elaboración e penso que é un galardón para toda a xente do mar”.

Exit mobile version