Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela calcula que o novo abastecemento de auga entre en funcionamento en setembro

BURELA (FNC) .- O alcalde agarda que o novo abastecemento de auga a Cervo e a Burela entre xa definitivamente en funcionamento o vindeiro mes de setembro. Alfredo Llano destaca a importancia desta obra para o seu concello.

Os rexedores de Cervo e de Burela “estivemos a coñecer este mediodía a ETAP de A Senra da que se nutrirán os nosos concellos. Estou moi impresionado dos traballos realizados e do servizo que prestará aos dous municipios. Vese que é unha garantía dun bó abastecemento de auga que da lugar a pensar que a población podería incluso duplicarse nos dous concellos. Hai que pensar que estábamos nuns 35 litros de auga por segundo e esta ETAP ten unha capacidade de tratamento de auga duns 120 litros por segundo ampliables incluso a 180, co que vese que hai unha garantía do servizo para moitos anos e para asumir tamén un incremento importante da poboación”.

Alfredo Llano pensa que “se porá en funcionamento o vindeiro verán, o Consorcio farase cargo deste abastecemento aló polo mes de agosto e nese momento realizarase unha proba xeral e pensamos que comenzará a prestar servizo definitivamente en setembro”. O alcalde considera que “Burela gaña moito con esta operación. Ademáis de Rúa a auga podería bombearse en caso de necesidade do encoro de Río Cobo. É unha obra moi boa para Cervo e para Burela. Nós necesitábamos este abastecemento porque a rede antiga está xa moi deteriorada, estaba con canalización de fibrocemento e hai que substituila por pvc inmediatamente. Agardemos que todos os prazos se cumpran e que en setembro poidamos xa abastecernos desta nova canalización e que todos os veciños sintan que contan cun servizo ben dotado e con garantías de futuro”.

Exit mobile version