Site icon Crónica3.com A Mariña

Ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- O vindeiro martes 27 de abril ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán 2010, que organiza a Concellaría de Deportes de Ribadeo e que están destinadas a rapaces nados entre 1996 e 2002. Este ano haberá pesca deportiva, vela, surf, kite surf e piragüismo. A cuota é de 32,66 euros. Segundo informan desde a Delegación de Deportes “o pagamento da taxa deberá facerse efectiva na conta corrente que o Concello ten no Banco Gallego antes do comezo da escola correspondente, no concepto deben poñer matrícula escola deportiva e tamén o nome do matriculado. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na oficina de información xuvenil (OMIX) ubicada no auditorio municipal”.

Algunhas das escolas deportivas comezan xa no mes de maio. A de vela será os sábados de 10 a 14 horas do 8 de maio ao 17 de xullo; a de surf será os sábados desde o 22 de maio ata o 17 de xullo e os martes, mércores e xoves do 21 de xuño ao 20 de xullo en horario de 16 a 18 horas; a escola de kite surf será martes, xoves e venres do 24 de xuño ao 23 de xullo en varios horarios e grupos; a de piragüismo está prevista os luns e mércores de 16:30 a 19 horas durante os meses de xullo e agosto e a de pesca deportiva será en xullo, os luns e mércores e os sábados 24 e 31 de 10 a 14 horas.

As escolas deportivas están organizadas pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Área de Deportes da Deputación e co clube piragüismo Altruán, Hola Ola, Augas Santas, Cormorán e o Clube Náutico de Ribadeo.

Exit mobile version