Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións do PP de Ribadeo cualifica de “tomadura de pelo” a suba do IVE” prevista polo goberno

Nota de Prensa

As familias verán como a inmensa maioría dos produtos se encarecen e se reduce o seu poder adquisitivo, efectos especialmente negativos para os máis mozos
NOVAS XERACIÓNS DE RIBADEO CUALIFICA DE “TOMADURA DE PELO” A SUBA DO IVE PREVISTA POLO GOBERNO SOCIALISTA DA ZAPATERO

* Alertan tamén sobre a elevada taxa de paro xuvenil, que en España é máis do dobre que a media europea.

Lugo, 16 de abril de 2009.- A agrupación local das Novas Xeracións do Partido Popular de Ribadeo vén de cualificar no día de hoxe  como unha “nova tomadura de pelo” a proposta do goberno socialista de subir o IVE no mes de xuño deste ano 2010. As mozas e mozos populares consideran  que esta decisión prexudicará aínda máis á xa de por si delicada situación económica de moitas familias que o están a pasar mal e que van a ver como a inmensa maioría dos produtos se encarecen, mentres que o seu poder adquisitivo, os seus soldos ou prestacións, se reduce.

Segundo as Novas Xeracións a proxectada suba de impostos esta a ser un novo síntoma de que o Goberno socialista de España carece totalmente de coherencia e sentido común a hora de afrontar esta crise e que ademais, as súas medidas se ceban especialmente cos menos favorecidos, entre os que están moitas mozas e mozos galegos.

NX de Ribadeo amosa tamén a súa fonda preocupación pola alta taxa de para xuvenil que en España supera xa o 40% no 2010, máis do dobre a UE, así como tamén alerta ante o feito de que moitos destas mozas e mozos parados non reciben ningunha prestación.

Finalmente os máis novos do PP de Ribadeo amosan a súa total conformidade coa moción presentada nos concellos e no Senado polo PP para frear a subida do IVE que pretende impoñer o PSOE.

Exit mobile version