Nota de Prensa
NNXX de Burela apoian a redefinición do Pacto Polo Emprego da Mariña.
Participarán na elaboración de propostas electorais.
A Xestora de Novas Xeneracións de Burela, nunha reunión mantida no día de hoxe, manifestou o seu apoio á redefinición do Pacto polo Emprego da Mariña, porque entenden que “os seus resultados son un fracaso en toda regla en canto a xeneración de emprego e apoio á creación de empresas se refire”.
NNXX de Burela está especialmente preocupada cos datos de paro entre a xuventude, xa que “a política económica e laboral de Zapatero está facilitando que o paro se cebe especialmente entre a xente nova, que está atopando enormes dificultades para encontrar un posto de traballo, sexa do tipo que sexa”. Igualmente, lamenta que o goberno central non aposte por políticas fiscais que beneficien á xuventude.
Noutro orde de cousas, representantes de NNXX acudiron a asamblea do partido realizada en Burela o Xoves desta semana, alí aceptouse a sua proposta de participar activamente como representantes das NNXX en cada un dos grupos de traballo creados no seno dos populares bureleses, un de cara á elaboración de propostas electorais, e outro de acción electoral para a organización e realización de reunión con veciños e asociacións e colectivos.