Os membros do banco municipal de tempo de Burela manterán un encontro o vindeiro 6 de abril a partires das 11:30 da mañá na sala de conferencias (antiga biblioteca). Segundo explica a técnico Vanesa Rodríguez “unha compañeira do banco de tempo contaranos os problemas que sofre coa súa discapacidade e mostraranos tamén todas as cousas que é capaz de facer”.