RIBADEO (FNC) .- Mañá ás 11 da mañá no Concello terá lugar unha nova xuntanza da comisión informativa de urbanismo para seguir avanzando na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Ao encontro asistirán os técnicos municipais, os da empresa redactora do documento e representantes dos catro grupos da Corporación Municipal.
Segundo o alcalde, Fernando Suárez, trátase “dun encontro que se produce despois de varias xuntanzas mantidas en Patrimonio, despois da celebrada na Xunta para analizar as incidencias do Plan de Ordenación do Litoral no PXOM e despois das encomendas que os diferentes grupos lle propuxeron ao alcalde hai un tempo”.
O rexedor sinala que “queremos seguir afondando e avanzado entre todos para que nas vindeiras datas puidera ser aprobado de xeito provisional este documento tan necesario para Ribadeo”.