A actividade consistiu no seguinte:
-Os rapaces/as recibiron información sobre o que “é o civismo”, “normas de urbanidade”, “normas de educación básica”, “hábitos alimenticios e hixiénicos”, “colocación de cubertos na mesa”, “comportamento na mesa á hora de comer”, etc.
A organización desta actividade corre a cargo da Unidade de Educación Familiar e o Departamento de Igualdade do Concello, ambos pertencentes aos Servizos Sociais Municipais. Cóntase tamén, o mesmo que en anteriores “encontros”, coa colaboración do IES Illa de Sarón.