Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 700 persoas participarán en Burela no “Día do xubilado” que organiza o Concello

BURELA (FNC) .- O vindeiro domingo  2 de maio terá lugar a décimo sexta edición do día do xubilado que organiza o Concello de Burela. A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, asegura que “o que pretendemos é agasallar aos nosos maiores nun día de confraternidade, música, comida e baile. Case 700 persoas, e algunha ainda se está apuntando, participarán este ano nunha xornada que comezará ás 12 coa recepción de todos os asistentes no auditorio da Casa da Cultura, a continuación e alí mesmo disfrutaremos da actuación musical do grupo Escolma de Meus de Viveiro e despois a partires das 13:30 horas no pavillón dos institutos de Burela compartiremos todos xuntos o xantar”.

A edil nacionalista engade que “despois de ben comer agasallaremos a todos os participantes cun detalle elaborado pola Fundación Eu Son de Burela e sortearemos dúas viaxes para dúas persoas entre todos os asistentes. Xa para rematar o día haberá alí mesmo baile para todas aquelas persoas que ainda se atopen con forzas para rematar ese día tan intenso”.

Neves Cando agradece “a colaboración da Fundación Eu Son, da Cruz Vermella de Burela, de Protección Civil e de todo o persoal municipal que un ano máis se volcou na organización e desenvolvemento deste dezaséis día do xubilado en Burela”.

Exit mobile version