LUGO .- Representantes de máis de 60 clubs de fútbol da provincia de Lugo asistiron a presentación da XXVII Copa deputación de fútbol, esta competición está aberta todos os clubs de fútbol das categorías provinciais e, desde o ano pasado, tamén na categoría feminina e conta cun orzamento de uns 90 mil euros segundo indicou o responsable de Deportes provincial, o nacionalista Antonio Veiga
Nota de Prensa
PRESENTOUSE A XXVII COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL
Antonio Veiga presentou hoxe a competición, aberta a todos os clubs de fútbol das categorías provinciais e, desde o ano pasado, tamén na categoría feminina
O orzamento de organización da proba sitúase arredor dos 90.000 euros e agárdase un nivel de participación moi alto por parte dos equipos
LUGO, 24 de abril de 2010. O delegado a Área de Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, presentou hoxe a XXVII Edición da Copa Deputación de Fútbol no Pazo de San Marcos. No acto tamén estiveron presentes representantes da Federación Galega de Fútbol como organizadora da competición. A este acto de prensentación, no que tamén se celebrou o sorteo, asistiron reprensentantes de máis de 60 clubes de toda a provincia.
Na súa intervención, Antonio Veiga, resaltou a “colaboración e a predisposición” e todos e cada un dos clubs que participaron da última edición da Copa Deputación, e agardou que este ano se supere incluso o número de participantes doutros anos e os afeccionados lucenses poidan desfrutar dun torneo realmente competitivo. Ademais, desde o 2008 ten lugar a Supercopa disputada entre o equipo campión das categorías 1 ª Autonomíca e Preferente Autonómica, 2ª e 3ª Autonómica, e a Sociedade Deportiva de Lugo nun triangular que resulta moi vistoso.
Antonio Veiga anunciou que, logo de instaurar o ano pasado a primeira Copa Deputación de Fútbol Feminino, este ano volverá haber tamén este partido para dirimir o campión da Copa Deputación na categoría feminina. Esta iniciativa pretende potenciar o deporte feminino, especialmente o fútbol, en todas as comarcas lucenses. Como o número de clubs federados de fútbol feminino en Lugo é moi pequeno, disputarase a partido único entre o Club Friol e o a Milagrosa, segundo informou o delegado de Deportes da Deputación de Lugo.
Para a posta en marcha desta última edición da Copa Deputación, a Área de Deportes da Deputación conta cun orzamento de case 90.000 euros. Nesta liña, Antonio Veiga notificoulles ao clubs deportivos participantes no trofeo que o campión e subcampión da categoría 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, será premiado con 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Ademais, cada equipo recibirá 450 euros por partido xogado. En 2º e 3º Autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros, e os clubs percibirán 385 euros por partido disputado.
As bases que rexerán esta edición da Copa Deputación de Fútbol, no tocante ao seu orzamento, premios e sistema de competición, foron aprobadas onte na Xunta de Goberno da Deputación, e estas bases poderán ser descargadas para a súa consulta da páxina web da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo (www.v1deputacionlugo.org) así coma o formulario de inscrición na competición que deberán cubrir os clubs para participar.
BASES
PROPOSTA DA CONVOCATORIA E BASES PARA O DESENVOLVEMENTO DA
XXVII COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL
2010
A Área de Cultura e Deporte pon en marcha as normas para o desenvolvemento da XXVII Copa
Deputación de Lugo das categorías de Preferente Autonómica e Primeira Autonómica (masculina
e feminina) e de Segunda e Terceira categoría Autonómica.
NORMAS ESPECIFICAS DA CONVOCATORIA (Documentación)
1ª Todos os equipos nesta convocatoria deben cubrir o ANEXO I (ficha de inscrición) de forma
obrigatoria para poder participar na XXVII edición da Copa Deputación de Fútbol.
2ª Do mesmo xeito, acompañando obrigatoriamente o ANEXO I (ficha de inscrición), presentarase
unha certificación de conta bancaria co nome do clube ou entidade participante na competición.
Na certificación debera figurar o nome do representante, ou representantes, do clube ou
entidade, como responsables autorizados da entidade participante na convocatoria.
O certificado debe ser actual, do ano 2010, preferentemente de maio de 2010.
3ª Presentación dunha copìa do CIF do clube ou entidade.
Desenvolvemento da competición para as categorías de Preferente Autonómica e Primeira
Autonómica:
Patrocinada pola Área de Deportes da Deputación de Lugo, será organizada pola Federación
Galega de Fútbol, a Copa de referencia e na que intervirán os equipos de Autonómica Preferente
e Primeira Autonómica da Provincia de Lugo.
As Normas que regularán o desenvolvemento desta, son as seguintes:
PRIMEIRA: Disputarase polo sistema de eliminatorias a un só encontro no campo do Club de
menor categoría competicional. Sendo de igual categoría seguirase a orde do cadro de
desenvolvemento que se realizará por sorteo.
SEGUNDA: En caso de empate ao final do encontro, resolverase o mesmo mediante o
regulamentario lanzamento de penaltis, incluída a Final.
TERCEIRA: A hora de comezo de cada encontro fíxase con carácter xeral a das DEZAOITO
HORAS do Domingo. Non entanto, ambos os clubes de común acordo poderán variala, debéndoo
comunicar á Federación Galega de Fútbol ou á súa Delegación en Lugo dentro do prazo
establecido regulamentariamente para tal fin.
CUARTA: Ao ser esta unha Competición Oficial, todos/as os/as xogadores/as que interveñan
Page 2
2
deberán estar regulamentariamente inscritos nos seus respectivos clubes e ter abonada a cota
correspondente da Mutualidade de Futbolistas Españois.
QUINTA: Os clubes presentarán para cada encontro dezaseis xogadores/as como máximo,
podendo realizar cinco cambios en cada partido.
SEXTA: Os árbitros serán designados polo Comité Galego de Árbitros, procurando que sexan os
da máxima categoría.
Emitirase un recibo por un valor de:
Para Preferente e Primeira autonómica………………………………… 190,00 €
* O pago deste recibo correrá a cargo do equipo local.
SÉTIMA: Nesta Competición NON se cobrará entrada a ninguén, sendo xa que logo o acceso aos
partidos libre para todo aquel que desexe acudir aos mesmos.
OITAVA: A Deputación de Lugo, abonará a cada participante nesta competición a cantidade de
CATROCENTOS CINCUENTA EUROS (450 Euros) por partido xogado en cada unha das
eliminatorias, excepto na final que se abonarán ao campión a cantidade de CINCO MIL EUROS
(5.000 Euros) e ao subcampión a cantidade de CATRO MIL EUROS (4.000 Euros). Do mesmo
xeito, a Área de Deportes da Deputación de Lugo promove esta tempada a Copa Deputación de
Fútbol Feminino cunhas bases e unha normativa igual á que regula a participación masculina de
primeira autonómica e de preferente autonómica.
NOVENA: De cantas incidencias poidan ocorrer no desenvolvemento desta competición
entenderá o Subcomité Autonómica de Competición de F.A e Xuvenil, con sede en A Coruña.
DECIMA: O Campión e Subcampión da XXVII Copa Deputación de Lugo de Autonómica
Preferente e Primeira Autonómica, recibirán ao final do encontro os Trofeos correspondentes
doados pola mesma, distribuídos do seguinte modo: 16 para xogadores/as, 1 para o/a
adestrador/a, 1 para o/a delegado/a e 1 para o/a Presidente/a do club.
DECIMOPRIMERA: A data para a final da Competición de Preferente Autonómica e 1ª
Autonómica, así como o campo no que se disputará a Final, designarase no seu momento.
Desenvolvemento da competición para as categorías de Segunda e Terceira Autonómica:
Patrocinada pola Deputación de Lugo, será organizada pola Federación Galega de Fútbol, a Copa
de referencia e na que intervirán os equipos de Segunda e Terceira categoría Autonómica da
Provincia de Lugo.
As Normas que regularán o desenvolvemento desta Competición son as seguintes:
PRIMEIRA: En función do número de inscritos, a Federación Galega de Fútbol e a Deputacion
determinaran o sistema de competición que se explicará aos clubes o día do sorteo
? Dos emparellamentos e campos onde se xogarán as distintas eliminatorias enviarase
cuadrante adxunto unha vez efectuouse o correspondente sorteo.
? No caso da competición feminina xogarase a partido único, xa que só hai dous
participantes.
SEGUNDA: En caso de empate ao final de cada eliminatoria, resolverase o mesmo mediante o
regulamentario lanzamento de penaltis, incluída a Final.
Page 3
3
TERCEIRA: A hora de comezo de cada encontro fíxase con carácter xeral a das DEZASETE
TRINTA HORAS do Domingo. No entanto, ambos os clubes de común acordo poderán variala,
debéndoo comunicar á Federación Galega de Fútbol ou á súa Delegación en Lugo dentro do
prazo establecido regulamentariamente para tal fin.
CUARTA: Ao ser esta unha Competición Oficial, todos os xogadores/as que interveñan deberán
estar regulamentariamente inscritos nos seus respectivos clubes e ter abonada a cota
correspondente da Mutualidade de Futbolistas Españois.
QUINTA: Os clubes presentarán para cada encontro dezaseis xogadores/as como máximo,
podendo realizar cinco cambios en cada partido.
SEXTA: Os árbitros serán designados polo Comité Galego de Árbitros, procurando que sexan os
da máxima categoría.
Emitirase un recibo único por un valor de:
Para Segunda e Terceira autonómica…………………………………… 100,00 €
Nesta categoría, para os partidos de semifinais e final designaranse árbitros asistentes e os
recibos pasarán a ser de ……………………………………………………160,00 €
* O pago deste recibo correrá a cargo do equipo local.
SÉTIMA: Nesta Competición, só se poderá cobrar entrada na primeira e quinta eliminatoria, por
ser estas a dobre partido, NON podendo cobrarse entrada a ninguén nas eliminatorias que son a
un só partido.
OITAVA: A Deputación de Lugo, abonará a cada participante nesta Competición a cantidade de
TRESCENTOS OITENTA E CINCO EUROS (385 Euros) por cada unha das eliminatorias,
(contándose como unha eliminatoria as celebradas a dobre partido), excepto na final que se
abonarán ao subcampión a cantidade de TRES MIL CATROCENTOS CATRO EUROS (3.000
Euros) e ao Campión a cantidade de CUATROMIL CINCO EUROS (4.000 Euros.)
NOVENA: De cantas incidencias poidan ocorrer no desenvolvemento desta Competición
entenderá o Subcomité Provincial de Competición de F.A e Xuvenil, con sede en Lugo.
DECIMA: O Campión e Subcampión da XXVII Copa Excma. Deputación Provincial de Lugo das
categorías de 2ª e 3ª Autonómica, recibirán ao final do encontro os Trofeos correspondentes
doados pola mesma, distribuídos do seguinte modo: 16 para xogadores/as, 1 para o/a
adestrador/a, 1 para o/a delegado/a e 1 para o/a Presidente/a do clube.
UNDECIMA: A data para a celebración da final desta Competición así como o horario e o campo
de xogo, determinarase no seu momento.
Lugo, __ de abril de 2010.
Antonio Veiga Outeiro
Deputado Delegado da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo